O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
BRÄNNBOLL Estación de gaming, gris claro/branco, 100x72x180 cm
Como conseguilo
Sempre pronta. Un moble onde gardar os teus dispositivos de gaming. Ten espazo para todo o que queiras, dentro colle ata a cadeira.
Detalles do produto
O estante máis próximo ao escritorio permíteche aforrar espazo na mesa e nel podes colocar un monitor plano de 24".
Os estantes axustables ofrécenche un lugar para expoñer os teus obxectos decorativos preferidos ou un sitio para ter sempre localizados e á man os teus auriculares e outros aparellos tecnolóxicos.
Na parte inferior inclúe un estante para a torre da computadora que podes montar á dereita ou á esquerda para aforrar espazo no escritorio.
Cando acabares de xogar, podes recoller o taboleiro e gardar a cadeira gaming.
As portas inclúen rodas que permiten abrilas sen raiar o chan, mesmo en superficies desniveladas.
Este moble está feito con feltro e presenta un aspecto agradable e acolledor que podes acompañar con decorados doutros estilos para protexer os dispositivos de gaming que gardes dentro.
A asa amarela con forma de media lúa é un complemento decorativo máis que facilita o agarre.
Casa á perfección coa cadeira gaming LÖPARBANA.
Anna-Maria Nilsson
Información útil
A altura do teito debe ser mínimo de 205 cm.
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
Peso máximo/andel: 20 kg.
Soporta monitores lisos de ata 27".
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Taboleiro superior/ Marco lateral/ Traseira/ Estrutura da porta/ Tirador:
- NOTRANS, NOTRANS
- Andel/ Taboleiro:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Laterais/ Panel da porta:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Para maior estabilidade, volve apertar os parafusos unhas dúas semanas despois da montaxe e cando sexa preciso.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
BRÄNNBOLL Estación de gaming405.864.62BRÄNNBOLL Estación de gaming405.864.62Medicións
- Ancho: 100 cm
- fondo: 72 cm
- Altura: 180 cm
Embalaxe
BRÄNNBOLL
Número de artigo405.864.62- Ancho: 70 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 191 cm
- Peso: 26.23 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 70 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 108 cm
- Peso: 28.50 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para BRÄNNBOLL

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O meu obxectivo coa estación gaming BRÄNNBOLL era crear unha solución que combinase co resto da decoración e que fose fácil de recoller e de pasar de "Game on a "Game over". A estación ten todo o necesario: escritorio, monitor, torre de PC, altofalantes e cadeira de gaming. E cando chegue o momento de xogar, abonda con abrir as portas para a acción comezar. Cando acabes a partida, agóchao todo de novo detrás das portas. Nun chiscar de ollos todo limpo e en orde!"









