Saltar

BRÄNNBOLL Cesta, gris/amarelo, 30x33x30 cm

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Este cesto de feltro é ideal para gardar accesorios de gaming. Inclúe asas que che permiten levalo onde quixeres, e a tampa protexe os teus obxectos do po. Casa á perfección cos estantes KALLAX.

Número de artigo505.865.36

Detalles do produto

As asas do cesto actúan tamén como patas.

O cesto inclúe un burato no lateral polo que podes pasar os cables para cargar os teus dispositivos.

Neste cesto de feltro con tampa poderás gardar e protexer do po o teu equipo gaming.

O feltro dálle ó cesto unha aparencia agradable que casa moi ben coa maioría de estilos.

A cesta colle perfectamente nos estantes KALLAX.

Deseñador

Anna-Maria Nilsson

Número de artigo505.865.36

Información útil

Carga máx.: 5 kg.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Caixón/ Tapa:
NOTRANS
Asa/mango:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Cesto

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non limpar en seco.

Limpar con aspiradora.

Metal

Limpar cun pano húmido.

Secar cun pano seco.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

BRÄNNBOLL Cesta505.865.36

Medicións

  • Ancho: 30 cm
  • fondo: 33 cm
  • Altura: 30 cm
  • Peso máximo: 5 kg
  • altura mínima: 30 cm
  • altura máxima: 53 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

BRÄNNBOLL

Número de artigo505.865.36
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 17 cm
  • Longo: 33 cm
  • Peso: 0.93 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 27 cm
  • Alto: 25 cm
  • Longo: 27 cm
  • Peso: 0.31 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
6Opinións

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña

Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.

Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".

Non todo ten que ser negro

O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.

Todo o que necesitas

A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Ter en orde o equipo de gaming pode ser todo un reto. Por iso decidín crear unha solución: o cesto portátil de feltro BRÄNNBOLL con tampa. Aquí podes deixar os mandos, auriculares e cargadores ben protexidos e con total comodidade. E como os podes cargar namentres están na cesta, sempre están prontos para a acción. Agardo que che resulte máis doado xogar e que deveña nun fermoso detalle do teu fogar".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.