Saltar

BRÄNNBOLL Cadeira sala gaming, Knisa azul vivo

179€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Cadeira de brazos ou poltrona? Ti elixes, porque o coxín é fácil de abrir e gardar. En realidade tanto ten, o que é certo é que será a túa mellor compañeira á hora de botar unha partida ou unha soneca.

Número de artigo705.866.15

Detalles do produto

Podes utilizar a poltrona para relaxarte ou botar unha partida, co coxín aberto ou pechado.

Este produto está feito con resortes ensacados que axudan a o coxín conservar a forma para acompañarte durante moitas partidas.

A estrutura de aceiro carbono é unha garantía de estabilidade e resistencia. O respaldo inclinado permite adoptar unha posición relaxada mentres botas unha partida.

Grazas ás súas rodas, podes levar a poltrona onde queiras e desfrutar dun lugar cómodo desde o que botar as túas partidas.

Esta funda está confeccionada con tecido Knisa en poliéster tinguido en masa. Un material duradeiro moi agradable ao tacto.

A funda da poltrona pódese lavar á máquina a 40 °C.

A poltrona ten un deseño sinxelo e pulcro que permite combinala facilmente con outros elementos decorativos que teñas na casa.

Casa moi ben coa mesa auxiliar BRÄNNBOLL con rodas.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo705.866.15

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea/ Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Estrutura, asento e respaldo:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Tecido interior:
NOTRANS
Recheo:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Unidade con resortes embolsados:
NOTRANS
Velcro, negro:
NOTRANS
Cremalleira:
NOTRANS

Mantemento

Funda

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Estrutura

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Este asento cumpre coa normativa relevante en materia de resistencia e solidez. O produto tivo que superar probas que consistían en sometelo a unhas condicións normais de uso por parte de persoas cun peso de ata 110 kg.A resistencia á abrasión da funda probouse para 40 000 ciclos. Unha tea que resiste 15 000 ciclos ou máis é apta para o uso cotián. Por enriba de 30 000 considérase moi resistente á abrasión.A funda ten un nivel de resistencia á luz de 5-6 nunha escala de 1 a 8. Segundo as normas do sector, un tecido está adaptado para o uso doméstico se o nivel de resistencia é de 4 ou máis.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

BRÄNNBOLL Cadeira sala gaming705.866.15

Medicións

  • Ancho: 73 cm
  • fondo: 88 cm
  • Altura: 80 cm
  • anchura do asento: 65 cm
  • Fondo do asento: 61 cm
  • altura do asento: 43 cm

Embalaxe

BRÄNNBOLL

Número de artigo705.866.15
  • Ancho: 75 cm
  • Alto: 59 cm
  • Longo: 85 cm
  • Peso: 17.38 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
7Opinións
Cadeira BRÄNNBOLL azul brillante con brazos, sobre rodas, sentada preto da mesa de lado branca con equipos de xogo. Deseño moderno, acolchado, nunha sala luminosa con plantas.

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña

Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.

Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".

Non todo ten que ser negro

O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.

Todo o que necesitas

A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Unha cadeira de brazos normal? Para nada! Podes abrir o coxín da cadeira de brazos BRÄNNBOLL para que así poidas estarricar as pernas mentres xogas ou te relaxas. Debaixo da funda lavable do coxín hai uns cómodos resortes ensacados que ofrecen un bo soporte para que te poidas relaxar e dar o máximo. Sorprenderate que fácil é de mover. As rodas daranche a sensación de ser un superheroe con poderes máxicos".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.