A xogar! O cilindro BRÄNNBOLL está recheo de poliéster reciclado que lle dá esa suavidade e comodidade que tanto valoras mentres xogas e, ademais, a funda é extraíble para que a poidas lavar á máquina.
Detalles do produto
Podes utilizar este cilindro de varias formas. Para apoiar a cabeza, a zona lumbar, os brazos ou os xeonllos, tanto na cama, como no chan, o sofá ou na cadeira gaming.
O recheo de poliéster reciclado conserva a forma e ofréceche un apoio suave mentres xogas.
A funda do coxín inclúe unha cremalleira e pódese lavar.
Marta Krupińska
Medicións
- lonxitude: 110 cm
- diámetro: 18 cm
- Peso do recheo: 900 g
- Peso total: 1120 g
Opinións dos clientes

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Agardo que o coxín BRÄNNBOLL sexa do teu agrado. Unha solución sinxela que che ofrece xusto o que necesitas, cando máis o necesitas. Ideal para a zona lumbar, os cóbados, o pescozo e os xeonllo durante as sesións de xogo. E sabes o mellor? As fundas son extraíbles e pódense lavar á máquina. Isto está moi ben, xa que son moitas as cousas que poden acontecer durante a emoción da partida. Xa verás!"