BLÅVINGAD Toalla con carapucha
Como conseguilo
Esta toalla grande con capucha pode transformar a túa pequena ou pequeno nun tiburón azul despois do baño. Tecida con cálida felpa de algodón suave ao tacto.
Detalles do produto
Unha toalla de felpa con carapucha para os cativos. Feita 100 % de algodón procedente de cultivos sostibles, un material suave e natural que trata con coidado a pel do teu fillo.
Unha toalla de tacto agradable ideal para secar ao teu bebé despois do baño e mantelo abrigado, xa que é moi grande e absorbente.
A práctica capucha axuda a conservar a calor após un relaxante baño e evita que a toalla caia se á túa filla ou fillo lle dá por moverse moito ou saír correndo.
Produto testado, aprobado e sen substancias ou aditivos nocivos.
Grazas ao lazo, poderás penduralo dun gancho ou pomo.
Un gran compañeiro de viaxe que che ofrece seguridade cando queiras descubrir o mundo submarino. O tiburón pode nadar grandes distancias, mergullar a gran profundidade e oír o latido do teu corazón desde moi lonxe.
A quenlla vive en zonas profundas e cálidas dos océanos do planeta e pódese identificar facilmente polo seu dorso azul, ventre branco e fociño longo. Sabías que a femia pode ter ata 100 crías por camada?
Para os amantes dos tiburóns, tamén hai dous peluches BLÅHAJ de 2 tamaños distintos.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Combina moi ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.
Os seus detalles orixinais conseguirán que as e os máis pequenos da casa devezan pola hora do baño, así que esta toalla é o agasallo perfecto para crianzas e as súas familias.
S Edholm/L Ullenius
Medicións
- lonxitude: 140 cm
- Ancho: 70 cm
- Peso: 380 g/m²
Opinións dos clientes

Mergúllate nun mundo de marabillas
Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.
"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.
Misterios debaixo da superficie
Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".
Descubrir o mundo
As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A humanidade depende de os mares estaren limpos e cheos de vida. Por iso é tan importante o que fixésemos coa colección BLÅVINGAD. Antes elixir os animais nos que focalizar a nosa atención, tivemos que estudar como son realmente. Usamos bosquexos para decidir o que podería funcionar, como motivos, peluches ou estampados. Agardamos que os produtos transmitan a sensación de estar dentro do mar e aviven a curiosidade por coñecer o que hai debaixo da superficie".