BLÅVINGAD Funda nórdica e funda almofada
Como conseguilo
- Algodón/Lyocell
- Número de fíos: 164 /inch²
Baixo da superficie oceánica hai un mundo máxico cheo de criaturas fascinantes. Es quen de recoñecelos a todos nadando arredor desta funda nórdica e almofada feita de algodón suave/lyocell con padróns diferentes en cada lado?
Detalles do produto
O teu fillo durmirá ben toda a noite grazas ao tecido de algodón e lyocell, que absorbe e disipa a humidade para axudar ao seu corpo a manter unha temperatura uniforme e agradable.
O tecido de percal ten un tacto incriblemente suave e agradable e axudará ao teu fillo a descansar e soñar con cousas bonitas.
A cremalleira impide que o edredón se mova.
As cremalleiras dos produtos para nenos non levan tirador e, polo tanto, son seguras para os pequenos pero doadas de abrir para os adultos.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Combina moi ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.
Cinco dos animais que aparecen no edredón tamén están dispoñibles en forma de peluche na colección BLÅVINGAD.
S Edholm/L Ullenius
Medicións
- longo da funda de almofada: 50 cm
- anchura da funda de almofada: 60 cm
- Lonx. funda nórdica: 200 cm
- Anch. funda nórdica: 150 cm
- Número de fíos:: 164 /inch²
Opinións
Opinións dos clientes

Mergúllate nun mundo de marabillas
Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.
"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.
Misterios debaixo da superficie
Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".
Descubrir o mundo
As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A humanidade depende de os mares estaren limpos e cheos de vida. Por iso é tan importante o que fixésemos coa colección BLÅVINGAD. Antes elixir os animais nos que focalizar a nosa atención, tivemos que estudar como son realmente. Usamos bosquexos para decidir o que podería funcionar, como motivos, peluches ou estampados. Agardamos que os produtos transmitan a sensación de estar dentro do mar e aviven a curiosidade por coñecer o que hai debaixo da superficie".