Os cuncos BLANDA están dispoñibles en madeira, metal e vidro en diferentes tamaños. Pódense amontoar para aforrar espazo. Ideais para servir un bufete ou comer flocos de millo fronte á televisión.
Detalles do produto
É de bambú, un material resistente de seu, que case non precisa mantemento.
Os cuncos da serie BLANDA están dispoñibles en distintos tamaños e materiais para que os combines ao teu gusto e segundo o precises.
As pezas máis pequenas pódense gardar dentro das de maior tamaño para aforrar espazo cando non se usan.
Anne Nilsson
Medicións
- Altura: 6 cm
- diámetro: 12 cm
Opinións dos clientes
As túas olladas
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
A miña idea coa serie BRANDA foi elaborar cuncos sinxelos, prácticos, sen ningún elemento innecesario. Por iso escollín darlles un deseño clásico no que se combinasen de verdade forma e deseño. Como todos os cuncos teñen o mesmo deseño pero veñen en diferentes materiais e tamaños, pódense combinar de innumerables maneiras.