Caixa con tapa pregable práctica tanto dentro como fóra do armario. Cuberta cun tecido estampado de poliéster reciclado que, xunto coa asa co tacto do coiro, achega unha sensación de calidade.
Detalles do produto
Caixa de almacenaxe encastelable e decorativa, igual de práctica no armario que nun andel ou no chan.
Podes acceder facilmente ao contido, mesmo se o artigo está encastelado ou colocado nun caixón, xa que a tapa é pregable.
Ideal para gardar desde xerseis, gorros e outros accesorios de roupa grandes, ata xogos, auriculares e dispositivos electrónicos.
O padrón e a expresión encaixan á perfección co mobiliario da serie HAUGA e IDANÄS, aínda que podes utilizala con calquera moble que che guste para organizar e estruturar as túas cousas. Faltaría máis.
O recipiente pode manipularse facilmente grazas ás asas.
O tecido está feito en poliéster reciclado. Aproveitar o lixo como se for un recurso achéganos a un futuro máis sostible.
A xogo con outros produtos da serie BLÄDDRARE e BAXNA.
Paulin Machado
Medicións
- Ancho: 35 cm
- fondo: 50 cm
- Altura: 15 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.