Saltar

BILLY / OXBERG Libraría con portas, efecto carballo, 80x30x106 cm

114,99€
Unha libraría branca BILLY con portas de paneis pechados, forma rectangular e deseño sinxelo.
Libraría BILLY: marrón claro, acabado de madeira, rectangular, dúas portas pechadas, deseño sinxelo.
Libraría BILLY de madeira, tonalidade marrón, forma rectangular, deseño de dúas portas, feita de partículas e taboleiro de fibra.
Libraría BILLY negra con portas de dous paneis, deseño rectangular e minimalista para o almacenamento.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A librería BILLY é unha icona moi querida que, grazas á súa versatilidade, ten infinidade de usos nunha casa. Unha unidade é abondo para os espazos pequenos e inclúe portas para agochar o que non queiras que se vexa.

Número de artigo594.832.75

Detalles do produto

BILLY é unha libraría versátil que funciona igual de ben como moble de almacenaxe, polo que poderás usala de moitas maneiras distintas.

Coas portas do panel podes ter as túas pertenzas ocultas e a salvo do po.

Os andeis pouco profundos e axustables axudaranche a personalizar a túa libraría BILLY e permitiranche usala como máis che conveña: para gardar obxectos do día a día, recordos ou outras cousas que colecciones.

BILLY ten un deseño sinxelo e atemporal que podes personalizar se engades caixas, iluminación e os teus obxectos favoritos.

O aspecto visual e táctil da madeira transmite unha sensación cálida e natural ao fogar e dálle ao cuarto un aspecto fermoso e dinámico.

A BILLY inclúe presillas que suxeitan o panel traseiro. Deste xeito, poderás montala e desmontala para levala contigo nas mudanzas no canto de mercar unha nova.

As bisagras regulables permiten montar a porta en horizontal e vertical.

Número de artigo594.832.75

Información útil

Inclúense 2 baldas regulables.

Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).

O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).

Pódese completar con estantes adicionais para maior espazo de almacenaxe.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Libraría
Compoñentes principais/ Lateral:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Zócolo frontal:
NOTRANS, NOTRANS
Dorso:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Porta
Montante vertical:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Estrutura/ Recheo:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Libraría

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Este moble debe fixarse á parede co dispositivo de fixación que se inclúe.

Medicións

  • Ancho: 80 cm
  • fondo: 30 cm
  • Altura: 106 cm
  • Peso máximo/andel: 30 kg

Embalaxe

Este produto ven en 3 paquete(s).

BILLY

Número de artigo904.773.85
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 15 cm
  • Longo: 110 cm
  • Peso: 22.67 kg
  • Paquete(s): 1

OXBERG

Número de artigo304.774.11
  • Ancho: 40 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 115 cm
  • Peso: 3.11 kg
  • Paquete(s): 2

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
426Opinións

Accesorios para BILLY / OXBERG

Dormitorio moderno con estante de libros BILLY, escritorio e cadeira de oficina, cama con almofada verde.

Un heroe da almacenaxe mellorado

A librería BILLY leva 40 anos sendo unha das favoritas dos nosos clientes. Porén, incluso o máis cotizado precisa dunha actualización ocasional para ir cos tempos. Estivemos a darlle voltas e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha delas relacionada cun uso máis efectivo dos materiais e a outra con facer desta nosa librería un obxecto máis fácil de montar e desmontar.

"BILLY naceu en 1979 e leva axudadas a moitas persoas a organizaren os seus libros e obxectos. Pero o mundo cambiou moito dende aquelas e mesmo os mobles máis populares precisan dun lavado de cara para adaptarse ás novas esixencias e novos estilos de vida", di Umut Ates, un dos nosos colaboradores.

O papel esixe un uso intelixente das materias primas

No canto dunha fina capa de chapa de madeira, BILLY agora ten unha superficie dura de folla de papel. "A folla ten distintos padróns impresos parecidos á madeira, o que permite aforrar nese material á hora de facer cada BILLY", di Umut. Ao utilizarmos materiais só onde son estritamente necesarios estamos a facer un uso efectivo dos recursos. "E ten outro aspecto positivo, porque fai que as BILLY sexan máis económicas".

Máis fácil de montar e desmontar

BILLY queda de marabilla en calquera peza da casa: no despacho, na sala de estar ou na biblioteca, porque é moi fácil de combinar con outros mobles. Porén, onde máis destaca é á hora de montar e desmontar. "Antes había que cravar 50 puntas para asegurar o panel posterior. Por sorte, iso xa é historia e agora podes poñelo sen utilizar ningunha ferramenta", explica Umut. Tampouco terás ningún problema se algún día queres cambiala de sitio ou revendela. "Estas melloras fan que as librerías BILLY sexan máis adaptables aos cambios, e que non che sorprenda se dentro de 40 anos é tan popular coma hoxe".

Máis información

Material

Un heroe actualizado

A librería BILLY leva estando entre as favoritas dos nosos clientes desde hai uns 40 anos. Porén, como todo nesta vida, o mellor do mellor tamén necesita algúns coidados de cando en cando, así que un día parámonos a pensalo ben e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha vai relacionada cun uso máis eficiente dos materiais e outra fai que a librería sexa máis fácil de montar e desmontar. Sabemos que non verás estas melloras a primeira vista, o que si verás é baixada no prezo que, por certo, agora é máis fácil de ler na etiqueta.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.