Saltar
Novidade

BILLY / OXBERG Combinación librería portas cristal

359,98€
Libraría branca BILLY con portas de vidro, deseño minimalista moderno.
Libraría BILLY, marrón, de madeira con portas de vidro, rectangular, deseño moderno.
Libraría baleira BILLY: marrón, taboleiro de partículas, portas de vidro, estantes axustables.
Libraría BILLY negra con portas de vidro axustables, deseño moderno, de madeira e rectangular para o almacenamento doméstico.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A libraría BILLY é unha icona que, pola súa versatilidade, se pode utilizar de moitas maneiras na casa. Grazas ás súas portas de vidro, poderás expoñer os teus obxectos favoritos e protexelos do po.

Número de artigo394.835.30

Detalles do produto

BILLY é unha libraría versátil que funciona igual de ben como moble de almacenaxe, polo que poderás usala de moitas maneiras distintas.

As portas de vidro permítenche expoñer os teus obxectos favoritos ao abrigo do po.

Os andeis pouco profundos e axustables axudaranche a personalizar a túa libraría BILLY e permitiranche usala como máis che conveña: para gardar obxectos do día a día, recordos ou outras cousas que colecciones.

BILLY ten un deseño sinxelo e atemporal que podes personalizar se engades caixas, iluminación e os teus obxectos favoritos.

O aspecto visual e táctil da madeira transmite unha sensación cálida e natural ao fogar e dálle ao cuarto un aspecto fermoso e dinámico.

A BILLY inclúe presillas que suxeitan o panel traseiro. Deste xeito, poderás montala e desmontala para levala contigo nas mudanzas no canto de mercar unha nova.

As bisagras regulables permiten montar a porta en horizontal e vertical.

Número de artigo394.835.30

Información útil

Lembra deixar suficiente espazo entre a parte superior do moble e o teito para fixar o produto á parede.

Pódese completar con estantes adicionais para maior espazo de almacenaxe.

O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Manipular con precaución! O vidro pode gretarse e romper bruscamente en pequenos anacos, debido a un bordo danado ou a unha rabuñadura. Evita os golpes nos laterais, onde o vidro é menos resistente.Debe fixarse á parede. Os distintos tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes. Véndense por separado.

Medicións

  • Ancho: 160 cm
  • fondo: 30 cm
  • Altura: 202 cm
  • Peso máximo/andel: 30 kg

Embalaxe

Este produto ven en 6 paquete(s).

BILLY

Número de artigo505.086.52
  • Ancho: 30 cm
  • Alto: 13 cm
  • Longo: 207 cm
  • Peso: 39.75 kg
  • Paquete(s): 2

OXBERG

Número de artigo205.087.00
  • Ancho: 40 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 211 cm
  • Peso: 8.50 kg
  • Paquete(s): 4

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
180Opinións

Accesorios para BILLY / OXBERG

Libraría BILLY con portas de vidro na oficina na casa.

Un heroe da almacenaxe mellorado

A librería BILLY leva 40 anos sendo unha das favoritas dos nosos clientes. Porén, incluso o máis cotizado precisa dunha actualización ocasional para ir cos tempos. Estivemos a darlle voltas e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha delas relacionada cun uso máis efectivo dos materiais e a outra con facer desta nosa librería un obxecto máis fácil de montar e desmontar.

"BILLY naceu en 1979 e leva axudadas a moitas persoas a organizaren os seus libros e obxectos. Pero o mundo cambiou moito dende aquelas e mesmo os mobles máis populares precisan dun lavado de cara para adaptarse ás novas esixencias e novos estilos de vida", di Umut Ates, un dos nosos colaboradores.

O papel esixe un uso intelixente das materias primas

No canto dunha fina capa de chapa de madeira, BILLY agora ten unha superficie dura de folla de papel. "A folla ten distintos padróns impresos parecidos á madeira, o que permite aforrar nese material á hora de facer cada BILLY", di Umut. Ao utilizarmos materiais só onde son estritamente necesarios estamos a facer un uso efectivo dos recursos. "E ten outro aspecto positivo, porque fai que as BILLY sexan máis económicas".

Máis fácil de montar e desmontar

BILLY queda de marabilla en calquera peza da casa: no despacho, na sala de estar ou na biblioteca, porque é moi fácil de combinar con outros mobles. Porén, onde máis destaca é á hora de montar e desmontar. "Antes había que cravar 50 puntas para asegurar o panel posterior. Por sorte, iso xa é historia e agora podes poñelo sen utilizar ningunha ferramenta", explica Umut. Tampouco terás ningún problema se algún día queres cambiala de sitio ou revendela. "Estas melloras fan que as librerías BILLY sexan máis adaptables aos cambios, e que non che sorprenda se dentro de 40 anos é tan popular coma hoxe".

Máis información

Material

Un heroe actualizado

A librería BILLY leva estando entre as favoritas dos nosos clientes desde hai uns 40 anos. Porén, como todo nesta vida, o mellor do mellor tamén necesita algúns coidados de cando en cando, así que un día parámonos a pensalo ben e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha vai relacionada cun uso máis eficiente dos materiais e outra fai que a librería sexa máis fácil de montar e desmontar. Sabemos que non verás estas melloras a primeira vista, o que si verás é baixada no prezo que, por certo, agora é máis fácil de ler na etiqueta.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.