A librería BILLY é unha icona moi querida que nunca pasa de moda. Grazas á versatilidade que ofrece, poderás darlle mil usos distintos na casa, independentemente de se a utilizas para gardar os teus libros ou artigos de uso cotián.
Detalles do produto
BILLY é unha libraría versátil que funciona igual de ben como moble de almacenaxe, polo que poderás usala de moitas maneiras distintas.
Os andeis pouco profundos e axustables axudaranche a personalizar a túa libraría BILLY e permitiranche usala como máis che conveña: para gardar obxectos do día a día, recordos ou outras cousas que colecciones.
BILLY ten un deseño sinxelo e atemporal que podes personalizar se engades caixas, iluminación e os teus obxectos favoritos.
Personalízaa aínda máis e engádelle unha porta, o que che permitirá tanto exhibir como agochar cousas. Deste xeito, a libraría BILLY poderá adquirir novas funcións e un novo aspecto dependendo do teu estilo de vida.
Unha soa unidade abonda para un lugar limitado, pero se cambian as túas necesidades, poderás engadir máis estantes e andeis para teres máis espazo de almacenaxe.
O aspecto visual e táctil da madeira transmite unha sensación cálida e natural ao fogar e dálle ao cuarto un aspecto fermoso e dinámico.
A BILLY inclúe presillas que suxeitan o panel traseiro. Deste xeito, poderás montala e desmontala para levala contigo nas mudanzas no canto de mercar unha nova.
Gillis Lundgren
Medicións
- Ancho: 40 cm
- fondo: 28 cm
- Altura: 106 cm
- Peso máximo/andel: 14 kg
Opinións dos clientes
Accesorios para BILLY
Deseña a túa propia libraría BILLY
Queres personalizar o aspecto e as funcións de BILLY de xeito que se adapten ao teu espazo, as túas necesidades e os teus gustos?

Un heroe da almacenaxe mellorado
A librería BILLY leva 40 anos sendo unha das favoritas dos nosos clientes. Porén, incluso o máis cotizado precisa dunha actualización ocasional para ir cos tempos. Estivemos a darlle voltas e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha delas relacionada cun uso máis efectivo dos materiais e a outra con facer desta nosa librería un obxecto máis fácil de montar e desmontar.
"BILLY naceu en 1979 e leva axudadas a moitas persoas a organizaren os seus libros e obxectos. Pero o mundo cambiou moito dende aquelas e mesmo os mobles máis populares precisan dun lavado de cara para adaptarse ás novas esixencias e novos estilos de vida", di Umut Ates, un dos nosos colaboradores.
O papel esixe un uso intelixente das materias primas
No canto dunha fina capa de chapa de madeira, BILLY agora ten unha superficie dura de folla de papel. "A folla ten distintos padróns impresos parecidos á madeira, o que permite aforrar nese material á hora de facer cada BILLY", di Umut. Ao utilizarmos materiais só onde son estritamente necesarios estamos a facer un uso efectivo dos recursos. "E ten outro aspecto positivo, porque fai que as BILLY sexan máis económicas".
Máis fácil de montar e desmontar
BILLY queda de marabilla en calquera peza da casa: no despacho, na sala de estar ou na biblioteca, porque é moi fácil de combinar con outros mobles. Porén, onde máis destaca é á hora de montar e desmontar. "Antes había que cravar 50 puntas para asegurar o panel posterior. Por sorte, iso xa é historia e agora podes poñelo sen utilizar ningunha ferramenta", explica Umut. Tampouco terás ningún problema se algún día queres cambiala de sitio ou revendela. "Estas melloras fan que as librerías BILLY sexan máis adaptables aos cambios, e que non che sorprenda se dentro de 40 anos é tan popular coma hoxe".
Material
Un heroe actualizado
A librería BILLY leva estando entre as favoritas dos nosos clientes desde hai uns 40 anos. Porén, como todo nesta vida, o mellor do mellor tamén necesita algúns coidados de cando en cando, así que un día parámonos a pensalo ben e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha vai relacionada cun uso máis eficiente dos materiais e outra fai que a librería sexa máis fácil de montar e desmontar. Sabemos que non verás estas melloras a primeira vista, o que si verás é baixada no prezo que, por certo, agora é máis fácil de ler na etiqueta.