BESTÅ Moble TV, branco, 120x40x64 cm
Como conseguilo
Unha simple estrutura pode ser o comezo de algo grande. Coloca este banco para televisor directamente no chan ou ponlle patas. Engade unidades e organiza con andeis, gabetas ou portas. As posibilidades son infinitas.
Detalles do produto
É doado ter os cables da TV e outros dispositivos ocultos pero á man grazas ás aberturas da parte de atrás do moble de TV.
Para organizar mellor o espazo, combínao cos accesorios de interior BESTÅ.
As patas poden axustarse para que se manteña estable aínda que o chan sexa irregular.
Información útil
Recomendamos un moble de TV un chisco máis largo có propio televisor. Este moble é compatible con televisores de ata 45 polgadas. Podes colocar un televisor meirande, sempre que non pese máis que a carga máxima especificada.
O panel superior do moble do televisor soporta un peso máximo de 16 kg.
Os mobles de TV de 120 cm de ancho precisan 6 ou 4 patas e 1 pata de soporte BESTÅ.
As portas, bisagras e interiores véndense á parte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Taboleiro superior/ Taboleiro inferior/ Panel lateral/ Divisor:
- Taboleiro de fibras e de partículas con recheo de papel alveolado (100 % papel reciclado), NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Panel posterior:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Secar cun pano seco.
Comproba con regularidade que as fixacións estean ben apertadas e volve a apertalas en caso necesario.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
- Ancho: 120 cm
- fondo: 40 cm
- Altura: 64 cm
- Peso máx. TV: 16 kg
Embalaxe
BESTÅ
Número de artigo402.998.90- Ancho: 41 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 132 cm
- Peso: 19.82 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é un taboleiro composto?
Utilizamos taboleiros compostos para fabricar gran parte dos nosos mobles, como mesas ou roupeiros. Son lixeiros, estables e resistentes. Os taboleiros teñen unha estrutura feita de aglomerado, fibras ou madeira maciza mentres que no interior está composto por unha estrutura de favo feita principalmente de papel reciclado a cal, grazas á súa construción especial, ofrece unha gran resistencia. A continuación, o taboleiro é cuberto cunha pintura protectora, laminado ou chapa, segundo o estilo que se queira conseguir.
Funcionalidade
Ocultar os cables
Grazas aos orificios do panel do fondo, o moble de TV BESTÅ permíteche ocultar os cables e telos á man. E a través da abertura da parte superior podes pasar facilmente os cables, aínda que o televisor estea fixado á parede.







