BESTÅ Moble TV, branco, 180x40x38 cm
Como conseguilo
O banco para TV BESTÅ combina funcionalidade cun atractivo aspecto actual. Ademais, ofrece moito espazo de almacenaxe e mantén os cables organizados e ocultos.
Detalles do produto
Estruturas de diferentes tamaños que che permiten crear unha solución segundo o tamaño da túa tele.
Podes colocar o moble de TV no chan ou montalo na parede para liberar espazo.
Se non queres que se vexan os cables, pásaos polo burato que hai na parte superior do moble de TV.
Os pés regulables manteñen o moble de TV estable, mesmo en chans irregulares.
Información útil
Recomendamos un moble de TV un chisco máis largo có propio televisor. Este moble é compatible con televisores de ata 72 polgadas. Podes colocar un televisor meirande, sempre que non pese máis que a carga máxima especificada.
O panel superior do moble para o televisor pode soportar ata un máximo de 30 kg.
O peso máximo que resiste un moble de TV colgado na parede depende do material da parede.
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
Se non estás seguro sobre as ferraxes que debes usar, pregunta na túa ferraxería.
Os mobles de TV de 180 cm de ancho precisan 8 ou 4 patas e 1 pata de apoio BESTÅ.
As portas, bisagras e interiores véndense á parte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Taboleiro superior/ Taboleiro inferior/ Panel lateral/ Divisor:
- Taboleiro de fibras e de partículas con recheo de papel alveolado (100 % papel reciclado), NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Panel posterior:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Secar cun pano seco.
Comproba con regularidade que as fixacións estean ben apertadas e volve a apertalas en caso necesario.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
- Ancho: 180 cm
- fondo: 40 cm
- Altura: 38 cm
- Peso máx. TV: 30 kg
Embalaxe
BESTÅ
Número de artigo004.740.70- Ancho: 41 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 186 cm
- Peso: 23.90 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
As túas olladas
Material
Que é un taboleiro composto?
Utilizamos taboleiros compostos para fabricar gran parte dos nosos mobles, como mesas ou roupeiros. Son lixeiros, estables e resistentes. Os taboleiros teñen unha estrutura feita de aglomerado, fibras ou madeira maciza mentres que no interior está composto por unha estrutura de favo feita principalmente de papel reciclado a cal, grazas á súa construción especial, ofrece unha gran resistencia. A continuación, o taboleiro é cuberto cunha pintura protectora, laminado ou chapa, segundo o estilo que se queira conseguir.







