As combinacións de almacenaxe para TV BESTÅ ofrecen espazo para o televisor e sitio para gardar os aparatos e todo o que precisas ter preto, de modo que che permiten ocultar a desorde e amosar os teus obxectos preferidos.
Detalles do produto
Combina almacenaxe aberta e pechada para amosar ou agochar os teus obxectos.
É doado ter os cables da TV e outros dispositivos ocultos pero á man grazas ás aberturas da parte de atrás do moble de TV.
Este moble de TV ten uns caixóns grandes ideais para ter os mandos a distancia, cables e demais accesorios de televisión ben organizados.
Coa función de peche suave, as portas péchanse de forma lenta a silenciosa.
As patas poden axustarse para que se manteña estable aínda que o chan sexa irregular.
IKEA of Sweden/Jon Karlsson
Medicións
- Ancho: 180 cm
- fondo: 42 cm
- Altura: 170 cm
Accesorios para BESTÅ / EKET
Deseña a túa propia almacenaxe BESTÅ
Queres personalizar o aspecto e as funcións de BESTÅ de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?

Material
Que é un taboleiro composto?
Utilizamos taboleiros compostos para fabricar gran parte dos nosos mobles, como mesas ou roupeiros. Son lixeiros, estables e resistentes. Os taboleiros teñen unha estrutura feita de aglomerado, fibras ou madeira maciza mentres que no interior está composto por unha estrutura de favo feita principalmente de papel reciclado a cal, grazas á súa construción especial, ofrece unha gran resistencia. A continuación, o taboleiro é cuberto cunha pintura protectora, laminado ou chapa, segundo o estilo que se queira conseguir.