BELÖNING Barra de chocolate con leite, recheo caramelo améndoas salgadas Rainforest Alliance Certified, 45 g
Como conseguilo
Os opostos atráense! Esta barriña de chocolate con leite incorpora unha mestura única de doce e salgado. Suave chocolate con leite e caramelo rodean o corazón crocante e lixeiramente salgado de améndoa e cacahuete. Un aperitivo boísimo!
Detalles do produto
Esta barra de chocolate con leite ten un recheo crocante de améndoa e cacahuete lixeiramente salgado cuberto de caramelo e suave chocolate con leite. Unha combinación irresistible de sabores doces e salgados.
Este produto conta coa certificación Rainforest Alliace.
Medicións
- Peso neto: 45 g
Opinións dos clientes
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Persoas e comunidades
Un futuro mellor para as persoas e a natureza
O certificado Rainforest Alliance representa unhas técnicas agrícolas máis sostibles e mellores oportunidades para as e os agricultores, as súas familias e a nosa natureza. O programa permite as persoas que se dedican á agricultura traballaren con mellores métodos agrícolas e ofrece unhas condicións de traballo coas que terán un futuro para si mesmas e para as súas fillas e fillos. O obxectivo da Rainforest Alliance é que as e os agricultores poidan ter colleitas que lles dean máis beneficios, ao mesmo tempo que se protexe o medio ambiente e se aseguran os recursos naturais.