10 ano de garantía
Un escritorio robusto que dura anos de cafés e traballo duro. Ofrece unha superficie de traballo de tamaño xeneroso cunha solución práctica para manter os cables en orde.
Detalles do produto
Inclúe 10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Podes montar o taboleiro á altura que máis che conveña porque as patas regúlanse entre 65 cm e 85 cm.
A superficie é de melamina, un material duradeiro, resistente e fácil de limpar.
Debaixo do taboleiro hai unha rede para organizar os cables que che axuda a ter o escritorio ordenado e despexado.
Ao ser unha mesa moi profunda, proporciona unha ampla superficie de traballo e permíteche sentar a unha distancia cómoda do monitor.
K Malmvall/E Lilja Löwenhielm
Medicións
- lonxitude: 120 cm
- fondo: 80 cm
- altura mínima: 65 cm
- altura máxima: 85 cm
- Peso máximo: 100 kg
Opinións dos clientes
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
“Deseñamos a serie BEKANT co obxectivo de que se puidesen facer combinacións de escritorio para celebrar reunións, colaboracións e potenciar a creatividade. Os escritorios teñen distintas medidas e formas, para que utilices un só ou combines varios. Móntanse e cambian facilmente para axustarse ás túas necesidades. Varias estruturas inferiores permiten variar a posición do escritorio para que sexa máis ergonómico. Esta serie foi probada e aprobada para uso profesional, por iso é ideal en calquera oficina".