Un organizador alto de poliéster reciclado que che axuda a aproveitar o espazo dos estantes e caixóns. Usa un ou varios de diferentes tamaños para crear unha solución á túa medida.
Detalles do produto
A parte interior do tecido ten un padrón decorativo que che permite gozar dun deseño moi agradable cando abres o caixón.
O padrón e a expresión encaixan á perfección co mobiliario da serie HAUGA e IDANÄS, aínda que podes utilizala con calquera moble que che guste para organizar e estruturar as túas cousas. Faltaría máis.
O tamaño queda ben en caixóns máis profundos e é perfecto para gardar camisetas, xerseis e toallas de man.
Fácil de lavar á máquina; só tes que lembrarte de retirar as pezas ocultas tras o tecido.
Aprobado para o seu uso en baños, do mesmo xeito que o resto dos organizadores da serie BAXNA.
Aforrarás espazo e, téndoo todo ordenado, atoparás o que buscas máis facilmente.
Paulin Machado
Medicións
- fondo: 26 cm
- Altura: 18 cm
- Ancho: 34 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.