Como conseguilo
A serie BÄSINGEN en gris escuro e de aspecto sinxelo foi deseñada para facilitar os labores do día a día na casa. Esta banqueta con 2 chanzos e varanda lateral permíteche coller cousas que están nun alto.
Detalles do produto
Un tallo banzo para poder chegar ás cousas que gardamos en sitios altos.
A varanda lateral de fácil agarre facilita o transporte.
A varanda actúa como apoio cando subas ou baixes da banqueta. Pódese instalar no lado dereito ou no esquerdo e tamén se pode utilizar para pendurar as toallas.
A superficie antiescorregante alíase coas patas antiescorregantes para maior seguridade.
Este tallo cumpre cos nosos estándares máis estritos de estabilidade, durabilidade e seguridade, o que certifica que aguanta un uso doméstico diario durante anos.
Sarah Fager
Medicións
- fondo: 48 cm
- Altura: 90 cm
- Peso máximo: 100 kg
- Ancho: 48 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para BÄSINGEN
Un pouco de axuda que pode marcar a diferenza
Un pouco de axuda cando saes da ducha e queres coller algo da parte superior do armario, ou simplemente cando non acabaches de acordar a primeira hora da mañá. A nosa serie de produtos BÄSINGEN ofréceche a axuda que necesitas cando máis a necesitas. Deseñada para o baño, pero moi práctica para calquera estancia da casa.
A vida no fogar é un cambio constante e as necesidades mudan decontino. "Se cadra pasácheste un chisco no ximnasio e agora dóeche todo. Neses casos é posible que necesitemos axuda mesmo para as tarefas máis sinxelas. Como tomar unha ducha", di a deseñadora Sarah Fager.
Seguridade antes de todo
Sarah comezou estudando como se moven as persoas con limitacións físicas e cales son as súas necesidades. "É tranquilizador saber que hai algo onde podemos apoiarnos ou collernos coa man. Por iso creei un toalleiro e un estante de parede para o baño. Mais non só, porque os chanzos e as cadeiras de ducha tamén están aí para axudar. A cadeira de ducha é tamén un complemento distinguido: imaxina sentar comodamente aí e sentir constantemente como a auga quente vai baixando polo teu corpo.
Produtos que se mimetizan coa casa
Os produtos foron creados para ocupar pouco espazo e presentar un aspecto minimalista enraizado na tradición escandinava. "Queriamos que se acoplasen ao teu estilo, independentemente de cal sexa, para que non tiveses que andar a poñelos e quitalos". Sarah agarda que esta serie marque a diferenza no día a día de moitas persoas. "Foi un dos meus proxectos máis esixentes, porque tiven que aprender sobre situacións que son novas para min. Pero precisamente por iso foi tamén un dos meus proxectos máis edificantes. Agardo que BÄSINGEN vos acompañe durante moito tempo. Talvez utilicedes estes produtos un pouco menos durante certos momentos da vida, pero sempre estarán aí, dispostos a botar unha man".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A serie BÄSINGEN inspírase e foi creada por persoas de todas as idades con necesidades cambiantes. Todos os produtos están pensados para facilitar as tarefas no baño e na cociña. Presenta un deseño sinxelo e único en gris escuro que realza os arredores cando necesitas que che boten unha man. Agardo que con estes produtos funcionais e resistentes che dean a independencia que buscas na casa".