AULI / MEHAMN Portas corredizas, 2 uds, aluminio espello/ambos lados beixe agrisado, 150x236 cm
Como conseguilo
10 ano de garantía
Con este par de portas corredizas estarás sempre á última. Unha incorpora un espello, para que poidas ver como che queda a roupa, e a outra incorpora paneis de dobre cara con distintos acabados, para que poidas mudar a disposición cando queiras.
Detalles do produto
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
As portas corredizas déixanche máis sitio para poñer mobles, xa que non ocupan espazo cando están abertas.
O mecanismo de peche suave está integrado nos rieles e consegue que as portas abran e pechen de forma silenciosa, suave e lenta.
Con película de seguridade. Así elimínase o risco de danos se o vidro rompe.
Podes xirar o panel para mudar o estilo: cada lado ten un acabado distinto. Combina os acabados ou utiliza só un tipo.
Medicións
- Ancho: 150 cm
- Altura: 236 cm
- profundidade para encaixar: 8.0 cm
- grosor: 2.3 cm