Saltar

ANRÄTTA Forno de aire forzado, IKEA 500 ac inox

399€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 5 ano de garantía

Un deseño sinxelo e funcións moi prácticas. A convección por aire forzado reparte a calor de xeito uniforme e rápido para que poidas quentar varios pratos á vez. Combina perfectamente co forno microondas ANRÄTTA.

Número de artigo604.117.20

Detalles do produto

5 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

O sistema de convección por aire forzado distribúe a calor de xeito rápido e uniforme, o que permite cociñar varios pratos á vez sen que se mesturen os sabores.

As guías telescópicas permiten inserir e extraer as fontes do forno de forma máis sinxela e segura.

Forno de gran capacidade con 5 niveis de cocción, que se adaptan a todas as túas receitas.

O botón de control e a pantalla táctil permiten activar facilmente as distintas funcións.

Ten calor por arriba e por abaixo, por iso é ideal para cociñar pratos con un toque crocante ou facer guisos a lume lento.

Poderás elixir a función de grella máis axeitada para cociñar carne e verduras cortadas en rodas finas ou para gratinar pratos.

A función especial para pastelaría produce unha calor uniforme, ideal para as galletas e biscoitos quedaren esponxosos.

A función de enfornado de pan e pizza permite douralos intensamente mantendo a base crujiente.

A función de quecemento permite manter quente a comida sen que se faga en exceso ou queime.

É moi fácil de limpar, xa que a superficie de aceiro inoxidable leva un tratamento antipegadas dactilares.

Grazas á pechadura de seguridade do forno, a túa cociña será un lugar máis seguro para os cativos.

Fácil de instalar nun armario baixo ou alto, a unha altura cómoda.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo604.117.20

Información útil

Voltaxe: 220-240V.

Fusible mínimo necesario: 13A.

Antipegadas.

O texto do visor só está dispoñible en inglés.

Inclúen un andel de reixa.

Inclúe unha bandexa de enfornar.

Inclúe 1 bandexa de reixa.

Inclúe 1 xogo de guías telescópicas

Non inclúe enchufe. A instalación debe ser realizada por un profesional.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Elimina as manchas e retira os restos de comida despois de cada uso cun pano con auga e xabón.

Limpa o exterior do forno/microondas cun pano suave con agua.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Non utilices disolventes nin outros produtos abrasivos para limpar o forno/microondas.

Seguridade e conformidade

Este produto contén a marca de conformidade de Serbia.Este produto leva marcado CE.

Información técnica

ANRÄTTA

Forno de aire forzado, IKEA 500 ac inox

Número de artigo604.117.20
Nome de marcaIKEA
Referencia de modelo60411720
Índice de eficiencia enerxética81,2 kWh
Clase de eficiencia enerxética por cada cavidadeA+
Consumo de enerxía por ciclo por cavidade (Convencional)0,89 kWh/ciclo
Consumo de enerxía por ciclo para cada cavidade (convección forzada do ventilador)0,69 kWh/ciclo
Número de cavidades1
Fonte de calor por cavidade
Volume de cada cavidade71 L

Medicións

  • Ancho: 59.5 cm
  • fondo: 56.9 cm
  • Altura: 59.5 cm
  • Volume: 71 l
  • peso: 30.00 kg
  • lonxitude do cable: 90.0 cm

Embalaxe

ANRÄTTA

Número de artigo604.117.20
  • Ancho: 66 cm
  • Alto: 64 cm
  • Longo: 67 cm
  • Peso: 33.20 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.5Valoración media
224Opinións
Cociña moderna con dobre forno de aceiro inoxidable, illa de mármore, elegantes armarios de luz e electrodomésticos incorporados.

Electrodomésticos de cociña para todo o mundo

Como podemos ser de axuda na cociña, sen estarmos contigo na cociña? Pois podemos crear electrodomésticos de gran calidade a un prezo que che deixe marxe para mercar ingredientes tamén de calidade. Para isto, traballamos da man de fornecedores escollidos coidadosamente. Expertos que son os mellores no seu eido e que lle dan ao público todo o que necesita no seu día a día. Isto nos permite ofrecer cociñas totalmente equipadas e funcionais, con electrodomésticos e todo o que necesitas nun mesmo sitio.

Crear cousas de calidade é moito máis sinxelo cando traballas en equipo. E cando o fas habendo confianza e entendemento polo medio, convértese nunha actividade divertida e interesante.

Momentos de sorpresa durante os traballos

Bruno Lizotte traballa no desenvolvemento de produtos en IKEA of Sweden, en Älmhult, e conta que os electrodomésticos de cociña son deseñados en presencia dos fornecedores. "Temos moita experiencia no que atinxe a vida na casa, así que compartimos as nosas ideas e coñecementos para os fornecedores veren as cousas desde a nosa perspectiva. Despois, as dúas partes encontramos solucións para mellorar a experiencia na cociña", explica. Pola súa vez, os fornecedores contribúen coa súa perspectiva, por exemplo, con datos concretos sobre os materiais, solucións técnicas e innovacións que están a elaborar. "Ser xenerosos permítenos aprender mutuamente. É unha forma de retar as vellas verdades sobre como se supón que hai que facer as cousas. E normalmente tamén leva a un par de momentos de sorpresa para todas as persoas presentes", matiza Bruno.

Coñecemento visitando casas

Parte dos coñecementos que compartimos provén das visitas que IKEA fai ás casas. É unha maneira de ver como as persoas de distintas culturas viven e xestionan os altos e baixos dos seus fogares. Por exemplo, preguntámoslles: ademais de cociñar, que outras cousas facedes na cociña? Como utilizades os espazos? Recibides visitas con frecuencia? Que vos gustaría mellorar? Cales son as vosas esperanzas, soños e desexos? "Transmitímoslle as conclusións que extraemos das visitas ás persoas coas que traballamos para deseñarmos mellores produtos conxuntamente e facilitarmos de paso a vida doméstica", di Bruno.

Un día a día máis sinxelo no corazón da casa

Uns electrodomésticos de calidade deberían adaptarse ao resto da cociña e ás persoas que os utilizan. Todo o mundo ten necesidades, gustos e economías distintas. Algunhas persoas cociñamos porque nos gusta, outras porque teñen que comer. Por iso, durante o proceso de creación, unha boa parte do tempo vai destinado a crear unha selección de produtos duradeiros, pero con distintos estilos, funcións e prezos. E a calidade sempre é o tema central. Implica facer moitos retoques, probar ideas e escoller as que son de maior axuda para as persoas. "A unión e o entusiasmo son para nós palabras importantes no tocante ao deseño de produtos. En resumo, implica traballar con persoas que cren no mesmo que nós, pero tamén respectar os esforzos dos demais. Cando conseguimos vivir conforme a iso, podemos marcar unha auténtica diferenza e facilitarlle a vida a moitas persoas. É algo ao que realmente aspiramos", di Bruno.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.