Un protector para o colchón, feito dunha mestura de lyocell/algodón acolchado, con recheo de lyocell/poliéster para maior comodidade e resistencia. As fibras de lyocell absorben a humidade e ofrecen un descanso de máis calidade.
Detalles do produto
Un protector acolchado, confeccionado cun tecido que mestura lyocell e algodón, e un recheo de lyocell e poliéster, este último obtido principalmente de material reciclado.
Os protectores de colchón que separan as sabas dos colchóns protexen das manchas e da sucidade e alongan a vida dos colchóns.
Proporciónache un descanso cómodo e seco, xa que o tecido e o recheo inclúen fibras de lyocell, que absorbe a humidade.
Leva unha fita elástica en cada esquina para mantelo no seu sitio.
O protector de colchón lávase á máquina a 60 ºC, a temperatura á que morren os ácaros.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 200 cm
- Ancho: 90 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o lyocell?
O lyocell é unha fibra resistente e sedosa que provén da pasta de celulosa. A fibra suave de lyocell absorbe ben a humidade e ten un tacto fresco. É por iso que a utilizamos na roupa de cama e para o recheo de almofadas e edredóns. Ó igual que co resto de materias primas derivadas da madeira, procuramos utilizala da maneira máis intelixente e eficiente posible para evitar refugallos.
Calidade
Protexe o teu colchón ou dálle unha nova vida
En IKEA, a calidade dos nosos produtos sempre é o primeiro e os protectores de colchón non son unha excepción. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para garantir que cumpren cos nosos estándares máis elevados. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do confort, a durabilidade, o axuste e moito máis. Asegurámonos de utilizar materiais duradeiros que se poidan lavar para que poidas usar o protector de colchón durante moitos anos.