Este suave protector acolchado alonga a vida da túa almofada, polo que terás unha capa máis de confort. Grazas á pechadura de cremalleira, adáptase totalmente á forma da almofada e pódese sacar facilmente para lavalo.
Detalles do produto
Un protector de almofada acolchado, confeccionado cun tecido que mestura lyocell e algodón e un recheo de poliéster obtido principalmente de material reciclado.
Proporciónache un descanso cómodo e seco, xa que o tecido e o recheo inclúen fibras de lyocell, que absorbe a humidade.
Protexe a almofada das manchas e a sucidade, e alonga a súa vida.
O protector de almofada lávase á máquina a 60 ºC, a temperatura á que morren os ácaros.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 40 cm
- Ancho: 90 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o lyocell?
O lyocell é unha fibra resistente e sedosa que provén da pasta de celulosa. A fibra suave de lyocell absorbe ben a humidade e ten un tacto fresco. É por iso que a utilizamos na roupa de cama e para o recheo de almofadas e edredóns. Ó igual que co resto de materias primas derivadas da madeira, procuramos utilizala da maneira máis intelixente e eficiente posible para evitar refugallos.
Calidade
Prolonga a vida da túa almofada
En IKEA, a calidade dos nosos produtos sempre é o primeiro e os protectores de almofada non son unha excepción. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para garantir que cumpren cos nosos estándares máis elevados. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do confort e a durabilidade. Asegurámonos de utilizar materiais duradeiros que se poidan lavar para o protector manter impecable a túa almofada favorita durante moitos anos.