Como conseguilo
5 ano de garantía
Un frigorífico/conxelador con tiradores agochados para maior sobriedade. Incorpora un ventilador que mantén o aire circulando para evitar cambios de temperatura, un caixón con control de humidade e un mecanismo de desconxelación automática.
Detalles do produto
Cinco anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto da garantía.
A pantalla táctil que hai no interior do frigorífico mostra claramente a configuración do frigorífico/conxelador, como as funcións importantes, a temperatura e a alarma.
A tecnoloxía LED integrada ilumina todos os recunchos, non require mantemento, dura o mesmo que o frigorífico e permíteche ver dunha ollada que tes gardado dentro.
Ten un sistema de ventilación que distribúe o aire frío polo interior, polo que a temperatura é máis uniforme e permite gardar todo tipo de alimentos en calquera parte do frigorífico.
Os caixóns para verduras con control de humidade manteñen a humidade e a frescura durante máis tempo.
O compartimento de baixa temperatura arrefría os alimentos rapidamente e mantén unha temperatura uniforme e unha humidade óptima para conservaren o sabor durante máis tempo.
Coa conxelación rápida, podes reducir a temperatura con rapidez para conservar a frescura e os nutrientes dos alimentos, incluso en grandes cantidades.
O modo "vacacións" permíteche manter o frigorífico baleiro e pechado mentres estás lonxe sen que se formen malos olores. Ademais, a neveira gastará o mínimo de electricidade, mentres que o conxelador funcionará como sempre.
A función no-frost regula automaticamente os niveis de humidade para evitar a formación de xeo na comida e no electrodoméstico.
As 2 baldas regulábeis permítenche adaptar o espazo ás túas necesidades.
Está equipado cunha alarma que soa se a porta non está ben pechada.
IKEA of Sweden
Información útil
Podes montar as portas á dereita ou á esquerda.
Atoparás información completa sobre a instalación e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.
O produto inclúe 1 caixón con control de humidade.
Inclúense 2 baldas.
Inclúe 3 caixóns de conxelador.
Gabeta para gardar marisco, carne e produtos lácteos.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.
Limpa con frecuencia o interior da porta do frigorífico/conxelador cun pano suave con agua morna e xabón.
Revisa con frecuencia as xuntas das portas e límpaas cando for necesario.
Non utilices disolventes nin produtos abrasivos para limpar o frigorífico/conxelador.
Limpa a o exterior da porta do conxelador/frigorífico cun pano non abrasivo, con auga e xabón ou con deterxente especificamente deseñado para o aparello.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
ALINGSÅS Frigorífico/conxelador205.679.59ALINGSÅS Frigorífico/conxelador205.679.59Consellos e instrucións de coidado
ALINGSÅS Frigorífico/conxelador205.679.59ALINGSÅS Frigorífico/conxelador205.679.59Información técnica
ALINGSÅS
Frigorífico/conxelador
Número de artigo205.679.59| Nome de marca | IKEA |
| Referencia de modelo | ALINGSÅS 20567959 |
| Clase de eficiencia enerxética | D |
| Consumo anual de enerxía | 198 kWh/ano |
| A suma dos volumes do(s) compartimento(s) conxelador(es) | 106 L |
| A suma dos volumes do(s) compartimento(s) de refrixeración | 210 L |
| Conxelador con clasificación de estrelas | 4 |
| Clasificación climática | |
| Emisións de ruído | 35 dB |
Medicións
- Ancho: 59.5 cm
- fondo: 66.3 cm
- Altura: 186.5 cm
- Volume frigorífico: 210 l
- Volume conxelador: 106 l
- Volume total: 316 l
- peso: 73 kg
- lonxitude do cable: 250.0 cm
Embalaxe
ALINGSÅS
Número de artigo205.679.59- Ancho: 76 cm
- Alto: 66 cm
- Longo: 193 cm
- Peso: 80.05 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Frescor durante todo o ano
Es unha persoa meticulosa no que respecta á organización do frigorífico ou es máis de metelo todo dentro ao chou? E o resto da familia, como é neste sentido? Sexa como for, os alimentos deben conservarse en frío. E aí é onde entran en xogo os ventiladores. Porque os ventiladores que hai detrás dos paneis posteriores dos frigoríficos moven o aire e axudan a manter unha temperatura baixa. Así poderás conservar os teus alimentos durante máis tempo e reducir os reboutallos.








