Almacenaxe intelixente que che debuxará un sorriso na cara! Este elegante zapateiro ten espazo para 12 pares de zapatos e é ideal para lugares estreitos ou pequenos difíciles de aproveitar.
Detalles do produto
A serie ÄLGANÄS presente un deseño fino e audaz, con formas divertidas e prestacións sinxelas e útiles.
Máis espazo para as túas cousas. Desfruta de moitas opcións de almacenaxe nun moble tan pequeno que nin no recibidor máis estreito notarás que está aí.
Podes colocar o estante para os zapatos en horizontal ou en diagonal e, se o inclinas, poderás gardar zapatos máis grandes en menos espazo.
Cando se coloque en diagonal, o estante deberá de estar colocado co bordo pequeno mirando para arriba. Cando estea en horizontal, o estante pódese colocar de calquera forma, en función dos teus gustos.
Feito de metal con revestimento en po fácil de limpar, un material resistente ideal para gardar zapatos e roupa.
O revestimento en po negro emite un lixeiro lustre que realza as súas liñas ousadas e alegres.
Henrik Preutz
Información útil
Con capacidade para uns 12 pares de zapatos nos estantes.
Axusta os parafusos cuncha chave allen para colocar os estantes en horizontal ou en vertical.
Pódese utilizar en zonas cunha concentración de humidade elevada, como baños e balcóns. Porén, non se debe expoñer directamente á auga dunha ducha ou da choiva.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Estrutura:
- NOTRANS, NOTRANS
- Andel:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Pé:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
ÄLGANÄS Estante zapateiro205.858.83Consellos e instrucións de coidado
ÄLGANÄS Estante zapateiro205.858.83Medicións
- Ancho: 76 cm
- fondo: 24 cm
- Altura: 59 cm
Embalaxe
ÄLGANÄS
Número de artigo205.858.83- Ancho: 26 cm
- Alto: 8 cm
- Longo: 77 cm
- Peso: 3.62 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para ÄLGANÄS
Funcionalidade
Orde cun sorriso
Cheo, ateigado, a reverter de chaquetas, cascos, luvas e chaves. A típica descrición dun recibidor, non é? Sempre se agradece un pouco de orde nos momentos máis concorridos no recibidor. A serie ÄLGANÄS é a nosa resposta a eses momentos, xa que inclúe funcións sinxelas e cómodas, feitas de metal resistente e cun deseño lixeiro e etéreo.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei a serie ÄLGANÄS a miña idea pasaba por dar con solucións intelixentes que nos axudasen a ordenar o recibidor, que normalmente é un espazo pequeno, estreito e pouco aproveitable. Tamén buscaba facer un deseño representativo de IKEA, coas súas formas sinxelas e divertidas a un prezo accesible. O resultado son mobles etéreos e adaptables que cobren as necesidades de almacenaxe diarias das persoas novas en espírito".



