Saltar

ÄLGANÄS Colgadoiro+zapateiro, negro, 46x39x166 cm

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Almacenaxe intelixente que che debuxará un sorriso na cara! Este distintivo soporte fixado á parede ten todo o espazo que necesitas para gardar as túas chaquetas, chaves e zapatos nun recuncho minúsculo do recibidor.

Número de artigo105.858.88

Detalles do produto

A serie ÄLGANÄS presente un deseño fino e audaz, con formas divertidas e prestacións sinxelas e útiles.

Máis espazo para as túas cousas. Desfruta de moitas opcións de almacenaxe nun moble tan pequeno que nin no recibidor máis estreito notarás que está aí.

Ten un deseño elegante e minimalista, xa que a fixación de parede queda agochada dentro do raíl superior do moble e debaixo do zapateiro.

Ademais do colgadoiro, tamén se inclúen 2 ganchos flexibles con correas que podes colocar onde queiras e necesites.

A bandexa pequena é ideal para deixar as chaves sempre no mesmo sitio, así nunca che quedarán esquecidas, nin cando saias correndo de casa.

Feito de metal con revestimento en po fácil de limpar, un material resistente ideal para gardar os zapatos.

O revestimento en po negro emite un lixeiro lustre que realza as súas liñas ousadas e alegres.

Fácil de transportar e ideal para case calquera espazo da casa: o recibidor, a sala de estar ou un espazo difícil de amoblar, como o oco que queda detrás dunha porta aberta.

O estante inferior ten espazo para dous pares de zapatos, un casco ou para a túa bolsa do ximnasio.

Deseñador

Henrik Preutz

Número de artigo105.858.88

Información útil

Con capacidade para unhas 5 perchas con roupa de rúa e 2 pares de zapatos nos estantes.

Pódese completar cun tapete para os zapatos BAGGMUCK de 46x35 cm debaixo do estante.

Debe fixarse á parede. Os distintos tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes. Véndense por separado.

Inclúe 2 ganchos móbiles con correas. Cada gancho soporta un máximo de 4 kg.

Pódese utilizar en zonas cunha concentración de humidade elevada, como baños e balcóns. Porén, non se debe expoñer directamente á auga dunha ducha ou da choiva.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura/ Barra para roupa/ Andel/ Gancho:
NOTRANS, NOTRANS
Bandexa:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Medicións

  • fondo: 39 cm
  • Altura: 166 cm
  • Ancho: 46 cm

Embalaxe

ÄLGANÄS

Número de artigo105.858.88
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 5 cm
  • Longo: 90 cm
  • Peso: 3.33 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
25Opinións

Funcionalidade

Orde cun sorriso

Cheo, ateigado, a reverter de chaquetas, cascos, luvas e chaves. A típica descrición dun recibidor, non é? Sempre se agradece un pouco de orde nos momentos máis concorridos no recibidor. A serie ÄLGANÄS é a nosa resposta a eses momentos, xa que inclúe funcións sinxelas e cómodas, feitas de metal resistente e cun deseño lixeiro e etéreo.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando deseñei a serie ÄLGANÄS a miña idea pasaba por dar con solucións intelixentes que nos axudasen a ordenar o recibidor, que normalmente é un espazo pequeno, estreito e pouco aproveitable. Tamén buscaba facer un deseño representativo de IKEA, coas súas formas sinxelas e divertidas a un prezo accesible. O resultado son mobles etéreos e adaptables que cobren as necesidades de almacenaxe diarias das persoas novas en espírito".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.