Almacenaxe intelixente que che debuxará un sorriso na cara! Este elegante colgadoiro independente ofréceche todo o espazo que necesitas para pendurar a túa roupa e chapeus.
Detalles do produto
A serie ÄLGANÄS presente un deseño fino e audaz, con formas divertidas e prestacións sinxelas e útiles.
Máis espazo para as túas cousas. Desfruta de moitas opcións de almacenaxe nun moble tan pequeno que nin no recibidor máis estreito notarás que está aí.
Feito de metal con revestimento en po fácil de limpar, un material resistente ideal para gardar zapatos e roupa.
O colgadoiro inclúe 5 ganchos grandes colocados a distintas alturas e posicións para aproveitar ao máximo o espazo dispoñible.
Ademais dos ganchos fixos, tamén se inclúen outros 2 ganchos flexibles con correas que podes colocar onde queiras e necesites.
O cesto ten 3 compartimentos onde poderás gardar paraugas, esteiras de ioga, equipamento deportivo e outros obxectos alongados.
Independente e fácil de transportar.
Un complemento estupendo para os teus roupeiros. Un lugar para pendurar a roupa que vaias poñer mañá, secar unha chaqueta ou un espazo onde deixar a roupa sucia antes de metela na lavadora sen que quede ciscada polo chan.
Henrik Preutz
Medicións
- diámetro: 33 cm
- Altura: 173 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para ÄLGANÄS
Explora as túas opcións
Proba as opcións de almacenamento para axudar a ordenar e organizar a túa casa

Funcionalidade
Orde cun sorriso
Cheo, ateigado, a reverter de chaquetas, cascos, luvas e chaves. A típica descrición dun recibidor, non é? Sempre se agradece un pouco de orde nos momentos máis concorridos no recibidor. A serie ÄLGANÄS é a nosa resposta a eses momentos, xa que inclúe funcións sinxelas e cómodas, feitas de metal resistente e cun deseño lixeiro e etéreo.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei a serie ÄLGANÄS a miña idea pasaba por dar con solucións intelixentes que nos axudasen a ordenar o recibidor, que normalmente é un espazo pequeno, estreito e pouco aproveitable. Tamén buscaba facer un deseño representativo de IKEA, coas súas formas sinxelas e divertidas a un prezo accesible. O resultado son mobles etéreos e adaptables que cobren as necesidades de almacenaxe diarias das persoas novas en espírito".