Saltar

Novidades da gama IKEA

Converte o teu fogar nunha casa encantada

Coa nova colección KUSTFYR, poderás conxurar unha grea de criaturas arrepiantes nun pestanexo. Adornos colgantes de pantasmas e arañas, lámpadas con forma de cabaza, grilandas de luces espectrais, pratos que dan calafríos... Este Samaín, o teu fogar terá un aspecto inquietante!

Nunha mesa negra hai varios pratos de sobremesa KUSTFYR con decoración temática de Samaín, xunto con lamberetadas e adornos.
Varios adornos colgantes KUSTFYR, un con forma de pantasma e dous con forma de araña, colocados nun cuarto branco.
Varias lámpadas colgantes KUSTFYR con forma de cabazas talladas penduradas diante dunha fiestra, á beira dunha cortina.
Unha grilanda de luces KUSTFYR, con varias pantasmas pequenas, enroscada arredor dun adorno negro e colocada sobre uns libros.

Descubre o folclore moderno!

Descubre o deseño e o legado suecos feitos á man dende unha perspectiva contemporánea coa colección OMMJÄNGE. Descubre como as solucións deseñadas para pequenas casas rurais hai 200 anos aínda teñen vixencia na actualidade. Con técnicas e materiais tradicionais actualizados con formas e cores frescas, OMMJÄNGE ofrece unha nova versión do folclore sueco.

Velaquí a colección OMMJÄNGE
Un vídeo amosa un home nunha pequena casa con paredes de cristal, amoblada con produtos da colección OMMJÄNGE.
Velaquí a colección OMMJÄNGE

Máis ideas e inspiración