Saltar

Produtos para rapaces (e non tan rapaces) universitarios

Como calquera outra aventura, coa chegada da universidade asaltarante un monte de dúbidas. Por exemplo: "Onde penduro a roupa?", "Como podo tirar o máximo proveito dun cuarto compartido?" ou "Cal é a mellor forma de cociñar un ovo?". E, como xa sabes, ser os pais ou avós dun rapaz universitario non é nada doado. Por iso, non importa se es ti ou os teus seres queridos os que se van mudar a un cuarto con pouco espazo. Podemos axudarte!

Unha rapaza con pelo longo rubio e un xersei de raias sentada sobre unha cama. Sobre unha bandexa de cama KLIPSK de cor branca ten un portátil no cal está a escribir.
Unha rapaza con pelo longo rubio e un xersei de raias sentada sobre unha cama. Sobre unha bandexa de cama KLIPSK de cor branca ten un portátil no cal está a escribir.

Aposta por unha almacenaxe intelixente

Ter o teu propio armario con pechadura fará que te sintas máis a gusto cando compartas un espazo con xente que non coñeces. Emprega imáns para decorar a cara interior da porta coas túas fotos favoritas para sentirte coma na casa.

Velaquí todas as librarías e estantes
Cuarto de estudante cun armario IVAR vermello cunha porta aberta. No interior podemos ver fotos de películas.
Velaquí todas as librarías e estantes

Mantén a roupa limpa durante máis tempo

Non precisas lavar a roupa cada vez que a pos: cun pouco de ventilación ou un quitamanchas adoita chegar. Usa un colgadoiro para gardar as prendas que aínda están limpas pero non o suficiente como para metelas de novo no armario.

Un colgadoiro vermello empregado para dividir un cuarto, cunha cama a cada lado. Sobre as camas están sentados dous adultos novos.

Ganchos prácticos

Estes ganchos con ventosa pódense pegar e quitar facilmente das paredes sen deixar ningunha marca (unha auténtica bendición para o teu caseiro).

Primeiro plano dun colar robusto de madeira pendurado dun gancho TISKEN que está pegado nun espello coa ventosa.

Crea un cómodo espazo de traballo

Asegúrate de sentar comodamente usando unha cadeira que poidas axustar á túa altura. Esta tamén ten unhas rodiñas de seguridade cun mecanismo de freado sensible á presión para manter a cadeira no seu sitio cando te ergues e que se libera automaticamente cando sentas.

Velaquí todas as cadeiras de escritorio
Un rapaz sentado sobre unha cadeira xiratoria LOBERGET/BLYSKÄR de cor branca escribindo nun portátil colocado enriba dunha mesa LINNMON/ADILS.
Velaquí todas as cadeiras de escritorio

Un carriño convertible

Unha mesa de noite pola mañá, un organizador de escritorio pola tarde e unha bandexa para as bebidas pola noite. Cun carriño transportable, as posibilidades son infinitas!

Velaquí todas as illas de cociña e carriños
A carón dunha cama e sobre unha alfombra hai un carriño RÅSKOG gris verdoso. O carriño está cheo de cadernos e outras cousas.
Velaquí todas as illas de cociña e carriños