O deseño contemporáneo únese á artesanía
Que acontece cando catro novos deseñadores de Amán, Delhi e Bangkok se unen con artesáns e tradicións locais? Pois que sae a colección LOKALT, unha vibrante gama de produtos feitos á man que son tanto pezas con carácter como obxectos cotiáns. Ademais, cada artigo contribúe a crear postos de traballo nas rexións onde máis se precisan.

“
Fago moitas fotos de camionetas e, case sempre, o condutor párase e cóntame a historia do deseño e o fachendoso que se sente do seu automóbil.”
Tania HaddadDeseñadora

“
Os deseños de THINKK Studio supuxeron un reto. Pero iso significa que desenvolvemos novas técnicas e novas maneiras de traballar, así como novas habilidades.”
Kiang AitaoCeramista de Doi Tung DP, Tailandia

“
Creo que os estampados son realmente fermosos. Non só porque representan a miña veciñanza, mais tamén porque fan que o produto final sexa simple, elegante e único.”
Anwar JaradatIntegrante do Al Karmeh Center,Amán














