Saltar

Comeza unha nova aventura con xoguetes inspirados na sabana

Escoita. Oes como o vento abana a herba? Ou o elefante a barritar? Esquece os miaños e de sacar o can a pasear. Agora estás no mundo dos frémitos e de escapar dos depredadores. Un mundo no que todos teñen unha estratexia para sobrevivir, quer fuxir, agocharse ou cazar. En SANDLÖPARE coñecerás a intelixente e sociable suricata, o rápido e áxil guepardo e a alta e fina xirafa. Descubre cal che gusta máis desta colección para cativos de 3 a 99 anos e combínao con outros animais da selva que xa moran na nosa gama.

Unha sabana iluminada polo sol, feita con recortes de cartón e fundas nórdicas e de almofada, chea de animais de peluche SANDLÖPARE.

Decora con xirafas calquera dormitorio infantil

A colección SANDLÖPARE ten xirafas en adhesivos, peluches, pósteres, bolsas e roupa de cama, entre outros. Neste dormitorio infantil hai quince xirafas agochadas. Daralas encontrado a todas? E si, as colas tamén contan!

Velaquí todos os xoguetes de peluche
Un dormitorio infantil cheo de xoguetes relacionados coa sabana da colección SANDLÖPARE, con xirafas na alfombra e na roupa de cama.
Velaquí todos os xoguetes de peluche

Lunares de guepardos en sabas e toallas

Na natureza, os animais evitan ser detectados polos depredadores grazas ao seu pelame. Na casa, tamén pode ser importante confundirse coa contorna para evitar ser visto. Os máis pequenos deberían verse limpísimos despois de saír do baño, mais non será así se se secan con esta toalla con capucha SANDLÖPARE con estampado de guepardo.

Velaquí todos os tecidos para bebé
Un cativo cunha toalla con capucha SANDLÖPARE con padrón de guepardo, sentado enriba dunha cama e rodeado de guepardos de peluche e un parrulo de goma.
Un grupiño de guepardos e cachorros de guepardo de peluche SANDLÖPARE xogan e dormen nunha sabana bañada polo sol.
Velaquí todos os tecidos para bebé

Suricatas que piden unha forte aperta

As suricatas nunca fican tranquilas, sempre están á espreita por se aparece o perigo. As manchas escuras que arrodean os seus ollos actúan como lentes de sol naturais. Leva á casa a túa propia suricata de peluche grazas a colección SANDLÖPARE, inspirada na sabana.

Descubre máis da colección SANDLÖPARE
Un grupiño de suricatas de peluche SANDLÖPARE dormen xuntas nunha sabana bañada polo sol, feita de recortes de cartón e roupa de cama.
Un cativo aperta unha suricata de peluche nunha cama con funda nórdica amarela con lunares e unha funda de almofada branca, ambas SANDLÖPARE.
Unha suricata de peluche SANDLÖPARE beixe con ollos grandes e de pé, de pelo suave e cunha expresión simpática.
Unha figuriña dunha suricata beixe SANDLÖPARE pendurada dunha mochila azul con correas marrón.
Descubre máis da colección SANDLÖPARE

Balancéate como un chimpancé

Os chimpancés móvense e xogan entre as pólas das árbores. Os polgares opoñibles e as dedas dos pés fan que teñan practicamente catro mans. O chimpancé de peluche SANDLÖPARE ten fechos de velcro en mans e pés e unirase de moi boa gana ás aventuras da túa familia. Pendúrao do pescozo, dunha mochila ou do teito.

Velaquí todos os xoguetes de peluche
Un neno axeonllado nun dormitorio decorado como se fose unha sabana cun chimpancé de peluche SANDLÖPARE nos ombreiros.
Un chimpancé de peluche SANDLÖPARE negro pendurado das patas a unha árbore nunha paisaxe solleira.
Velaquí todos os xoguetes de peluche

Leva unha manda de cebras para a casa

As raias brancas e negras das cebras sobre fondo beixe son o xeito que teñen de camuflarse. Os leóns son daltónicos e, xa que logo, o importante non é a cor, mais as formas, que se confunden coa herba da sabana. Ademais, cando as cebras se xuntan en manda, aos leóns cústalles máis identificalas por separado para atacalas. Crea a túa propia manda de cebras. A funda para tallo SANDLÖPARE con estampado de cebra inclúe un recheo mol de poliéster reciclado e combina á perfección cos tallos FLISAT e MAMMUT.

Velaquí todos os tallos e bancos infantís
Dous chimpancés de peluche SANDLÖPARE collidos da man nun dormitorio infantil decorado como se fose a sabana.
Velaquí todos os tallos e bancos infantís

Xoga e aprende con animais salvaxes

Descubre historias da sabana sen saír da casa. Descubre máis sobre os animais no educativo e esixente libro de actividades SANDLÖPARE con 25 páxinas de crebacabezas para mentes curiosas. Ou abre o rolo para pintar SANDLÖPARE e convida a toda a familia a completar os animais da sabana.

Velaquí máis material escolar e para traballos manuais
Tres maletas empilladas debaixo dunha cama KURA e un tapete acolchado no chan, cun libro de actividades SANDLÖPARE enriba.
Dous nenos e un adulto están nunha estancia solleira pintando nun rolo para colorear SANDLÖPARE.
Velaquí máis material escolar e para traballos manuais