Saltar

Colección limitada IKEA ART EVENT 2021

O sexto IKEA Art Event presenta unha perspectiva enxeñosa sobre o mobiliario doméstico que se inspira nese momento máxico no que a liña entre a arte e o deseño funcional se esfarela. IKEA convidou cinco artistas e deseñadores para crearen inspiradoras obras de arte que, ao mesmo, tempo funcionan tamén como útiles artigos domésticos. Trátase dunha marabillosa nova visión da arte e do fogar que non segue ningunha regra. Entra e toca a arte.

A dualidade dos obxectos non funcionais e o deseño diario ábrese a un novo tipo de produto, que serve tanto ás necesidades funcionais como ás aspiracións emocionais das persoas.

Henrik MostLíder creativo de IKEA

Daniel Arsham: Manipulacións tranquilas

"Este obxecto é unha mestura dos dous: ten unha función, pero tamén ten unha resonancia emocional".

O artista Daniel Arsham, cunha bata de laboratorio con pintura turquesa, de pé sobre unha parede gris cunha textura de vagas.
Reloxo de mesa branco de Daniel Arsham da colección IKEA ART EVENT 2021 flotando no aire sobre un pano amarelo.
Espero que o noso traballo esperte algún tipo de sentimento nas persoas, ás veces pode ser alegría, outras curiosidade ou rabia.

Humans Since 1982

Sabine Marcelis: Momentos marabillosos

"Espero que cando a xente interactúe co meu traballo esperte neles certa curiosidade ou inspiración, que queiran achegarse un pouco máis e observalo mellor".

Lámpada branca en forma de disco IKEA ART EVENT 2021 de Sabine Marcelis colgada dunha parede rosa e emitindo un suave resplandor.
A deseñadora Sabine Marcelis senta nunha mesa cunha superficie reflectante.

Stefan Marx: A alegría da expresión

"É xenial cando a fronteira entre arte e a funcionalidade se esfarela… é un aspecto moi positivo na nosa vida diaria porque vivimos con estas pezas".

Nun con xunto á auga, unha persoa sostén unha manta IKEA ART EVENT 2021 na que pon "I wait here for you forever as long as it takes" (Espero por ti o tempo que faga falta).
Un vaso de cristal IKEA ART EVENT 2021 con letras negras proxecta unha sombra sobre unha mesa branca, xunto a un floreiro azul e unha copa de viño.

Gelchop: Unha luz brillante sobre un artigo icónico de IKEA

"Estamos continuamente a pensar en formas de utilizar os elementos existentes e de combinar os conceptos ou fenómenos de diferentes cousas para mudar o significado ou aplicación do elemento orixinal dun xeito divertido e lúdico".

Lanternas IKEA ART EVENT 2021 azul e prata con forma de chaves Allen apoiadas contra outros obxectos nunha mesa.
Unha persoa terma dun facho de lanternas IKEA ART EVENT 2021 con forma de xigantes chaves Allen sobre un fondo de madeira.