Saltar

Altofalantes con wifi SYMFONISK

Libera o son do teu fogar

Case todo na vida é mellor con son. Lavar a louza, relaxarse, lavar os dentes, os martes... Engade a túa banda sonora favorita e converteranse en algo completamente distinto.

Sabendo o poderoso que é o son para mellorar o estado de ánimo (tan importante para o ambiente do fogar como calquera alfombra, obra de arte ou sofá), IKEA propúxose conseguir que o bo son estivese dispoñible para todos.

En estreita colaboración cos expertos en son Sonos, creamos SYMFONISK: mobles cun son e unha aparencia magníficos que combinan co fogar de formas novas e fan que sexa máis fácil decorar con son.

A mellor lámpada sonora do mundo

A lámpada de mesa SYMFONISK con altofalante con wifi proxecta unha nova luz sobre o son, literalmente. Estes dous potentes estimulantes do estado de ánimo contan con dúas funcións nunha, o cal significa un cable menos que ocultar, unha toma de corrente menos que utilizar e un produto menos que comprar. O mellor de todo é que o altofalante lámpada de mesa non é chión en absoluto (a menos que subas o volume, por suposto). Simplemente se integra.

Sabiamos desde o principio que queriamos desafiar a estética tradicional da alta tecnoloxía. O altofalante lámpada parte en certa maneira da idea da cheminea: unha soa peza que transmite luz cálida ademais de son”.

Iina Vuorivirta, deseñadora de IKEA

O mellor estante sonoro do mundo

É posible crear un son de alta calidade e aforrar espazo ao mesmo tempo? Se lle preguntas a IKEA e a Sonos, a nosa resposta é un si unánime. A proba é o versátil altofalante estante con wifi SYMFONISK.

Este non é un altofalante normal. Queda ben gardado no estante ou exposto. Colócao na parede ou usa ganchos para altofalantes para colgalo nunha barra e integralo na túa cociña”.

Andreas Fredriksson, deseñador de IKEA

IKEA e Sonos

En IKEA, somos expertos en mobiliario para o fogar pero novatos en son. Sonos, doutra banda, ten experiencia en son e tecnoloxía, e sente curiosidade polas novas formas de facer que o son se integre no fogar, do mesmo xeito que nós.

Combinando o mellor dos nosos dous mundos, facemos que o son de alta calidade sexa alcanzable e accesible, e creamos produtos que ningún de nós podería crear pola nosa conta.

Esta colaboración sempre foi sobre a paixón, os valores e o coñecemento compartidos polas nosas dúas empresas. IKEA e Sonos recoñecen a importancia do bo son e o seu potencial para influír positivamente na vida no fogar”.

Tad Toulis, vicepresidente de deseño de Sonos

Bota unha ollada a todas as incribles características

Hai moitas cousas boas que dicir sobre SYMFONISK. Está o son intenso e vibrante, por suposto. Logo está a conectividade wifi, que fai posible a transmisión sen interrupcións por moitas veces que soe o teléfono. Tamén está o feito de que podes usar dous altofalantes idénticos se desexas un son estéreo e que podes conectar cantos altofalantes queiras para crear un sistema multisalas (SYMFONISK e Sonos sempre van ben xuntos). Cada altofalante contrólase por separado: isto é perfecto, xa que significa que podes reproducir diferentes sons nas diferentes salas coa mesma facilidade que se reproduciras o mesmo en todas partes.

Queres saber máis?