Saltar

A colección OMTÄNKSAM

Hai momentos nos que todos precisamos un grao extra de comodidade e apoio. Coa colección OMTÄNKSAM, IKEA quere facilitarlles a vida ás persoas. Foi creada en colaboración con expertos en ergonomía e probada por xente con diferentes necesidades e retos. Estes produtos son doados de suxeitar, non escorregan e son perfectos para sentar e levantar (e moito máis). E tamén comparten unha longa tradición clásica escandinava: deseñáronse para durar.

Muller co pelo gris na cadeira amarela dun cuarto, mirando por unha ventá grande.
Muller co pelo gris na cadeira amarela dun cuarto, mirando por unha ventá grande.

Crea un recuncho de lectura acolledor

O respaldo alto, o apoio lumbar e a almofada axustable no pescozo fan que a cadeira de brazos OMTÄNKSAM sexa cómoda mesmo cando pasas moito tempo sentado. A posición erguida e os repousabrazos altos axudan a sentar e erguer.

Máis información sobre a colección OMTÄNKSAM
Unha sesaxenaria senta na cadeira de brazos OMTÄNKSAM. A cadeira de brazos e o repousapés están colocados diante dunha gran ventá.
Máis información sobre a colección OMTÄNKSAM

Terapia para os pés cansos

Grazas á inclinación do repousapés, podes ter os pés levantados sen que iso afecte á circulación sanguínea.

Primeiro plano da perna e o pé dunha persoa nun repousapés OMTÄNKSAM gris escuro.

Asentos con apoio

O respaldo e asento redondeados da cadeira OMTÄNKSAM fana máis cómoda; ademais, o respaldo é fácil de agarrar cando queres sentarte ou erguerte.

Unha muller suxéitase ao respaldo da cadeira OMTÄNKSAM para erguerse. O respaldo e asento redondeados ofrecen unha maior comodidade.

Vestir nunca foi tan fácil

O calzador OMTÄNKSAM é moi longo e permíteche calzarte estando de pé. Está feito de metal e constitúe un soporte robusto que non dobra.

Muller de pé cun pantalón de pana laranxa usa un calzador OMTÄNKSAM para poñer os zapatos.

Despídete da sucidade ao cociñar

O cunco OMTÄNKSAM ten unha tapa de silicona que tamén se pode colocar debaixo para evitar que escorregue, o que permite que poidas usalo cunha man.

Unha persoa bate cunha man. O cunco OMTÄNKSAM ten unha tapa que podes colocar debaixo para evitar que escorregue.

Unha man amiga

Este agarrabotes está feito de silicona branda e antiescorregante, e axudarache a abrir as tapas que máis se resistan.

Primeiro plano dunhas mans que usan o agarrabotes OMTÄNKSAM para abrir un bote de vidro.

Bebidas firmes

Os vasos OMTÄNKSAM son doados de coller, levantar e transportar. A superficie antiescorregante da bandexa FÖRMEDLA axuda a mantelos no seu sitio.

Catro vasos OMTÄNKSAM colocados nunha bandexa FÖRMEDLA inclinada. A superficie antiescorregante evita que os vasos caian.