Saltar

Tendas e pequenos negocios

Ver todos os proxectos

Queres transformar o teu negocio?

Na Rede IKEA para Empresas sempre pensamos no mellor para ti e o teu negocio. Co Concurso IKEA Redecora o teu negocio, transformamos 6 espazos coa axuda dos nosos especialistas. O resultado foi impresionante!

Coñece todos os detalles de cada proxecto e descubre estas e outras moitas vantaxes das que gozas ao ser parte da Rede IKEA para Empresas.

Ver todos os proxectos
Como contactar

Sácalle o máximo partido á túa tenda

Somos expertos na decoración, tamén para negocios. Sexa cal for o tamaño e a temática da túa tenda, os nosos deseñadores de interiores crearán un proxecto personalizado para ti. Para iso, teremos en conta os teus gustos e as túas necesidades, sen esquecer o obxectivo principal de todo negocio: conseguir maximizar as ventas. Ademais, o aspecto do teu espazo e a súa distribución son puntos fundamentais.

Como contactar

Rede IKEA para Empresas

Terás acceso a todos os servizos de IKEA para Empresas e, ademais, gozarás das vantaxes exclusivas da Rede: ofertas, solucións rápidas e ideas de balde, desconto en servizos de deseño de interiores para a túa empresa, beneficios para o teu equipo... e moito máis!

Se aínda non formas parte da Rede IKEA para Empresas, únete agora e goza de todas as vantaxes que che axudarán a facer medrar o teu negocio.

Atopa ideas para o teu negocio

Ver todos os produtos
Ver todos os produtos

Para todo tipo de negocios