Saltar

Idas sinxelas para reformar os cuartos dun hotel nun só día

Unha nova tempada? Un ano novo que entra? Un cambio de propiedade? Sexa cal for o motivo polo que queiras reformar os cuartos do hotel, estas ideas seguro que che resultan útiles. Son unhas ideas moi sinxelas e doadas de adaptar que permiten reformar os cuartos dun hotel sen realizar un grande investimento. Lembra que calquera cambio, por moi pequeno que sexa, pode mellorar a satisfacción dos clientes e as recensións, e facer que os clientes queiran quedar de novo no teu aloxamento nun futuro.

Unha cama cunhas fundas nórdica e de almofada MYGGLASVINGE cun motivo de follas enriba; a cama está contra unha parede baixa nun cuarto de hotel moi luminoso.

Céntrate na primeira impresión da cama

Un cambio que resulta tan eficaz como pintar o cuarto é cambiar a funda nórdica por outra dunha cor, motivo ou material diferente. Moitas fundas nórdicas están feitas con materiais mesturados. A mestura de algodón e "lyocell", ou viscosa, ten un tacto suave e sedoso, e dura máis tempo. As mesturas de poliéster son doadas de manter e non se engurran.

Velaquí todos os xogos de fundas nórdicas
Unha cama de grandes dimensións con moitas almofadas e coxíns, e un xogo de fundas de almofada e funda nórdica SHERSMIN de muselina de cor branca.
Cama de hotel con varias filas de almofadas, e mais unhas fundas nórdica e de almofada NATTJASMIN tecidas en satén de cor branca con raias discretas.
Velaquí todos os xogos de fundas nórdicas

Mellora a sensación de confort no cuarto

Se queres transmitir unha sensación de luxo, combina varias capas e texturas. Á hora de decorar os cuartos do teu hotel, podes xogar coa coordinación ou preparar unha combinación nova.

 

  • Se cambiaches as fundas nórdicas e de almofada, asegúrate de poñer uns coxíns e unhas colchas combinadas.
  • Se non cambiaches os edredóns, podes considerar cambiar as fundas dos coxíns, as colchas ou as mantas.

Primeiro plano dunha cama de hotel con fundas nórdica e de almofada MYGGLASVINGE cun motivo de follas e unha manta de cor gris-turquesa.

Xoga coa decoración

Os obxectos decorativos como bandexas, floreiros, cuncos, plantas, cadros, gardamanteis e cristalaría realzan o estilo dun cuarto de hotel e melloran a sensación de calidade. Que queres transmitir coa decoración? Queres transmitir calma cun toque natural? Ou prefires un estilo alegre e moderno? Combina todos os obxectos que queiras, sexan moitos ou poucos. Só terás que elixilos e ordenalos con coidado, e se son doados de limpar, moito mellor.

Velaquí toda a decoración
Unha bandexa rectangular STOCKHOLM 2025 de cor latón con dous vasos, uns caramelos envoltos e unha nota de benvida enriba dunha mesa auxiliar de cor negro.
Na parede, sobre unha cama con roupa de cama branca, hai tres marcos de efecto bidueiro RÖDALM de diferente tamaño, e en cada un deles hai un cadro de estilo moderno de cor amarela.
Un cuarto de hotel cun carriño NISSAFORS de aceiro con revestimento de cor negra con tres andeis; enriba do carriño hai unha xerra, cristalaría, latas de té e un termo.
Unha persoa suxeita unha bandexa OMBONAD de madeira de nogueira con varios floreiros VILJESTARK de vidro transparente con flores soltas dentro.
Primeiro plano do taboleiro dunha mesa cun candeeiro PÄRLBAND de forma xeométrica e deseño etéreo, de aceiro inoxidable dourado.
Velaquí toda a decoración

Cambia unha ou dúas lámpadas

Desconecta. Conecta. Viches o doado que pode ser reformar o cuarto dun hotel? A iluminación é algo doado de cambiar e achega un toque diferente ao cuarto; tamén axuda a conseguir sensacións e funcións diferentes. Talvez cunha lámpada de traballo, unha lámpada de mesa ou unha lámpada de pé; a iluminación permitirache reflectir sen esforzo o estilo do teu hotel. Escolle entre divertido, minimalista, romántico, industrial ou sofisticado. Cada lámpada ten a súa propia personalidade

Velaquí todas as lámpadas de mesa
Primeiro plano dunha lámpada LED portátil NÖDMAST verde e rosa sobre unha mesa de noite.
Unha lámpada de mesa NYMÅNE de deseño curvado e estilo moderno en antracita enriba dunha mesa de noite ilumina unha revista aberta.
Velaquí todas as lámpadas de mesa

E agora as fiestras

En primeiro lugar, comproba se as cortinas ou os estores cumpren a súa función. Os clientes necesitan escurecer o cuarto ou mellorar a privacidade? As cortinas opacas son aínda útiles?

Agora, analiza as cortinas e os estores das fiestras con respecto á roupa de cama. Combinan? Compleméntanse? Se a roupa de cama é de cor lisa, como cres que quedarían unhas cortinas estampadas? Como quedaría se fose ao revés?

Velaquí todos os estores e cortinas
A esquina dun dormitorio xunto a unha fiestra con cortinas semiopacas ANNAKAJSA e cortinas translúcidas ROSENROBINIA colgadas.
Velaquí todos os estores e cortinas

Antes de mercar

Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.

Buscas máis ideas para decorar o cuarto dun hotel?