Saltar

Hoteis e casas rurais

Que lembras da túa última viaxe? O único que quedará gravado na túa mente serán a comida e o aloxamento. Para o demais, xa están as fotos.

Traballemos conxuntamente para que o teu negocio sexa algo máis que un lugar onde descansar ou facer un evento máis. Que os teus clientes sintan tanta comodidade como no seu propio fogar, ou máis; que sintan que están nun ambiente profesional inigualable.

Para acadalo, é importante coidar a iluminación, as cores e mesmo os complementos. Nós podemos axudarche a que ese recordo sexa imborrable.

E lembra que podes gozar dunha mellor experiencia de compra se te unes á Rede IKEA para Empresas.

Servizo de deseño de interiores

Traballaremos conxuntamente para deseñar a mellor decoración para o teu negocio, con diversos planos e vistas 3D. Ao finalizar o servizo, entregarémosche un orzamento personalizado e detallado, ademais dun proxecto completo en 3D.

Máis información

Volvemos baixar o prezo

Isto é unha promesa, non unha promoción. Por iso, comprometémonos a manter o prezo destes produtos, como mínimo, ata o 31 de decembro. Aproveita agora e renova o que necesites por menos.

A white TJENA storage box with lid in the bedroom
A white DVALA sheet
A white MALM chest of 6 drawers in the bedroom
A white/Luröy SONGESAND bed frame with 2 storage boxes

Atopa ideas para o teu negocio

Inspírate coas nosas galerías de ideas
A white/Luröy BRIMNES bed frame w storage and headboard
A firm/light blue VALEVÅG pocket sprung mattress
A white NATTJASMIN fitted sheet
A white BRIMNES wardrobe with 3 doors
A white MALM dressing table in the bedroom
Inspírate coas nosas galerías de ideas

Axudámosche en todo momento

Só queremos que poidas ter o que buscas cando o necesites. Contamos con expertos que estarán contigo durante o proceso de compra. Asesorámoste e axudámosche a realizar a planificación, o pedido e a factura de maneira virtual ou telefónica, ou directamente na túa tenda máis próxima.