Saltar

Un vestíbulo e unha sala de reunións de estilo moderno e sinxelo que transmiten boa enerxía

Entra neste pequeno e acolledor hotel situado no medio dunha cidade concorrida. Ten certo magnetismo e un aire relaxante con elementos naturais, o que ofrece unha sensación cálida e acolledora. O vestíbulo e sala de reunións de estilo moderno deste hotel cobre todas as necesidades dos teus hóspedes, ben estean de viaxe de negocios, ben de lecer. Trátase dun espazo informal, práctico e versátil ateigado de modernidade.

Dúas persoas reláxanse nun vestíbulo moi luminoso de estilo moderno que serve tamén como sala de reunións, en cuxo centro hai dous sofás modulares LILLEHEM de cor vermella.
Dúas persoas reláxanse nun vestíbulo moi luminoso de estilo moderno que serve tamén como sala de reunións, en cuxo centro hai dous sofás modulares LILLEHEM de cor vermella.

Un espazo de encontro que anima a relacionarse e a socializar

Esta zona de asentos anima ás persoas a interactuar e socializar. O elemento central é un sofá modular LILLEHEM que pode combinarse como ti queiras para crear unha solución personalizada. Esta combinación en particular destaca polos respaldos baixos e os repousabrazos, así como un extremo aberto para que aos hóspedes lles resulte doado utilizar a mesa auxiliar. A cadeira de brazos VEDBO invita a relaxarse e na mesa de centro poden colocarse xornais ou revistas e algúns xogos. A alfombra rectangular e o uso repetido dos mesmos tons danlle uniformidade ao espazo.

Nun vestíbulo de estilo moderno con paneis de madeira nas paredes hai un sofá modular LILLEHEM vermello cunha persoa sentada agardando a que o seu contrincante mova ficha nunha partida de xadrez.

Un espazo funcional onde se pode socializar

No outro extremo do sofá LILLEHEM, os hóspedes poden interactuar con outras persoas se queren. A mesa auxiliar serve como punto de unión ou de separación entre os módulos do sofá, xa que os respaldos están colocados en direccións opostas.

Cunha lámpada de pé axustable e unha mesa para portátil que se pode cambiar de sitio facilmente, os hóspedes poden adaptar o espazo á súa medida, tanto para consultar o correo electrónico como para facer como que traballan mentres escoitan conversas alleas.

Un espazo cunha mesa para portátil á beira dun sofá modular LILLEHEM en vermello de liñas rectas e sen repousabrazos visto dende o lateral.

Un recanto arredado para manter conversas privadas

Aquí é onde poden dirixirse os hóspedes do hotel se queren quedar no vestíbulo do hotel, pero necesitan certa privacidade. Este espazo pódese identificar perfectamente polo xeito no que están agrupados os distintos elementos: unha alfombra circular, unha mesa auxiliar redonda, as cadeiras e as plantas, todo iso baixo unhas lámpadas de teito en forma de esfera.

As dúas cómodas cadeiras de brazos BINGSTA de respaldo alto son moi acolledoras e poden colocarse de xeito que creen un espazo con máis privacidade. Os elementos máis altos situados ao redor das cadeiras de brazos dan a sensación de estar nun cuarto dentro de outro cuarto. As plantas de gran tamaño axudan a crear un pequeno oasis que achega calma ao espazo.

Dúas cadeiras de brazos BINGSTA modernas de respaldo alto en gris escuro practicamente unha fronte á outra nun recanto apartado dun vestíbulo moi luminoso.

Un espazo de máxima concentración

Convén preparar un espazo cun escritorio para cando os hóspedes teñan que traballar ou precisen a máxima concentración. Crea un espazo nun dos laterais do vestíbulo cun par de zonas onde os hóspedes poidan traballar sen que os molesten.

Para reducir ao mínimo as distraccións e mellorar a concentración, os escritorios deberían colocarse mirando cara á parede, coas ergonómicas cadeiras de oficina HATTEFJÄLL de costas ao vestíbulo. Os separadores de ambientes e os testos rectangulares acústicos axudan a aumentar a insonorización. O mesmo ocorre co escritorio con pantalla MITTZON, que ofrece un amplo espazo de traballo illado fornecido con enchufes. As ventás axudan aos hóspedes a descansar a vista, e serven de motivación para terminar pronto o traballo e saír dar unha volta.

Velaquí todos os escritorios de oficina
Tres espazos de concentración MITTZON en beixe/branco separados por ventás e coa cabina orientada ao vestíbulo.
Velaquí todos os escritorios de oficina

Un recanto para tomar un café e para parolar

Con mobles de bar como as mesas STENSELE e os tallos JANINGE, poderás crear un espazo que invite aos hóspedes a parolar e a tomar algo, sentados ou de pé. Dálle un toque alegre cuns cadros e música. Os hóspedes poden servirse un café e un petisco, independentemente de se están de escapada ou se só e o comezo dunhas longas vacacións.

Velaquí todos os mobles de bar
Un recuncho convertido en cafetaría de estilo moderno e con moita luz natural, con tres mesas altas STENSELE redondas de cor negra e uns tallos altos de cor branca sobre un chan de terrazo.
Un sofá modular LILLEHEM de dúas prazas de cor vermella sen repousabrazos á beira dunha parede de cor cálida cuns cadros modernos e un altofalante.
Velaquí todos os mobles de bar

Unha sala de reunións independente, acolledora e perfectamente equipada

Se o vestíbulo tamén serve como sala de reunións, pon a disposición dos asistentes todo o necesario. Engade todo tipo de artigos básicos, dende colgadoiros MITTZON e encerados ata cadeiras de reunións LÅNGFJÄLL e amplas mesas de conferencias. Presta atención a todos os detalles para que tanto empresas locais como de fóra elixan as túas instalacións para os seus eventos.

Velaquí todas as cadeiras de reunións
Cadeiras de reunións LÅNGFJÄLL en beixe/branco baixo os lados máis longos de dúas mesas de conferencias nunha sala de reunións moderna.
Á beira dunha das mesas de conferencias hai un encerado nunha estrutura con rodas MITTZON e unha pantalla acústica con notas adhesivas.
Velaquí todas as cadeiras de reunións

Unha sala de reunións de estilo uniforme e orixinal

O equilibrio e a claridade son a clave para combinar espazos de reunións e para relaxarse no vestíbulo dun hotel de estilo moderno.

Elementos de unión
Unha ampla cristaleira conecta os espazos para que a sala de reunións non quede illada do resto da estancia. Os asistentes poderán utilizar a cortina no caso de que queiran máis privacidade ou centrarse no que están a facer. Os dous espazos contan con mobles cun estilo e cores a xogo. De feito, algúns son exactamente os mesmos, como a lámpada de teito JÄRPLIDEN e os mobles da serie MITTZON.

Elementos de separación
Na sala de reunións predominan a madeira, o formigón e as cores turquesas máis claras, o que se traduce nun ambiente máis apracible e profesional. Pola contra, no vestíbulo predominan os mobles de cores alegres, as plantas e un orixinal chan de terrazo, polo que resulta máis vibrante e informal.

Velaquí como decorar unha sala de reunións
Unha sala de reunións cunha mesa de conferencias MITTZON de chapa de bidueiro/cor branca; hai un portátil e un teléfono conectados ao módulo para cables.
Velaquí como decorar unha sala de reunións

En resumo: en hostalaría, a clave reside no confort e na capacidade de previsión

Planifica ao detalle a sala de reunións e o vestíbulo dun hotel de estilo moderno para ofrecer unha experiencia cómoda e acolledora aos clientes, xusto o que buscan en calquera establecemento de hostalaría. Anticípate ás necesidades e desexos dos hóspedes: ofrece varias opcións para reunirse, relaxarse e traballar con zonas ben delimitadas e específicas para cada función. Pon a disposición dos hóspedes toda a información e ferramentas necesarias para que poidan ser autosuficientes e sentirse como na casa; isto traducirase en recensións positivas e en clientes que non dubidarán en regresar ao teu establecemento.

Velaquí como crear un vestíbulo
Unha cadeira de brazos VEDBO en gris escuro con patas de bidueiro detrás dun sofá vermello que está orientado á recepción dun hotel na que hai persoas falando.
Velaquí como crear un vestíbulo

Antes de mercar

Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.