Saltar

Un bar con algo para todo o mundo

Este bar é un lugar moi popular entre a veciñanza, que o frecuentan día e noite. Os motivos? Os asentos altos e baixos nas tres zonas de comedor diferenciadas e as diferentes fontes de luz crean un espazo fluído e versátil cunha atmosfera cálida e acolledora.

Bar luminoso e espazoso con varias zonas diferenciadas, con tallos e mesas RÖNNINGE de bidueiro á beira dunha fiestra, e asentos na barra do centro.
Bar luminoso e espazoso con varias zonas diferenciadas, con tallos e mesas RÖNNINGE de bidueiro á beira dunha fiestra, e asentos na barra do centro.

Un bar para relaxarse

Os tallos baixos e cómodos e as lámpadas de intensidade regulable fan deste bar un lugar acolledor onde picar algo. Engade estantes modulares abertos e pechados para crear un espazo limpo e elegante onde gardar os vasos, os manteis e as bebidas. Dá ambiente coa túa lista de mellores cancións a través do altofalante wifi.

Velaquí todas as cadeiras de cafetaría
Tallos RÖNNINGE na barra dun bar e lámpadas LED penduradas do teito. Sobre a barra, unha copa de viño, un portátil e varios cuncos con comida.
Velaquí todas as cadeiras de cafetaría

Crea unha atmosfera acolledora

Buscas crear un espazo no que alongar as comidas e pasar unha noite agradable? Aposta por esta mesa branca e estas cadeiras de bidueiro para achegar a calidez da madeira e o estilo atemporal a calquera concepto ou deseño de bar. O toque final? Baixa a intensidade da luz para lograr un ambiente máis íntimo.

Velaquí todos os mobles para cafetaría
Mesa TOMMARYD con pratos de comida sobre a súa superficie e catro cadeiras de bidueiro á beira da parede dun bar. Do teito pendura unha lámpada.
Velaquí todos os mobles para cafetaría

Comidas con moito estilo

Crea un espazo perfecto onde comer, reunirte rapidamente ou quedar cos amigos á tardiña con estas mesas e tallos altos. Son fáciles de mover e valen para grupos de todos os tamaños. A madeira clara achega calidez e elegancia ao estilo informal.

Velaquí a serie RÖNNINGE
Cinco tallos RÖNNINGE de bidueiro ao redor de dúas mesas de bar con copas de viño e auga enriba, preto dunha fiestra de gran tamaño.
Velaquí a serie RÖNNINGE

Un asento con boas vistas

Non hai nada como sentar na barra dun bar para tomar unha cunca de té despois do traballo ou poñerse ao día cos amigos. Estes tallos altos crean o espazo perfecto para facer isto e máis, e coa axuda dun estante longo, podes conectar a barra co mundo exterior para que os teus clientes poidan ver pasar a vida na rúa.

Velaquí todas as cadeiras de cafetaría
Barra de bar longa orientada cara ao exterior ao longo dunha fiestra que chega ata o teito. Debaixo, un abrigo pendurado dun gancho. Diante, varios tallos de bidueiro.
Velaquí todas as cadeiras de cafetaría

Iluminación para cada estado de ánimo

Cunha boa iluminación, podes ir cambiando o ambiente do teu bar conforme pasen as horas. A nosa iluminación intelixente permíteche controlar a intensidade en todo o bar e crear atmosferas diferenciadas segundo a zona.

Velaquí toda a iluminación
Bar luminoso e espazoso con iluminación diferenciada en cada unha das súas tres áreas, todas elas con mobles de bidueiro diferentes.
Velaquí toda a iluminación

Todo o que precisas para ter un bar-restaurante acolledor

Gústache o que ves? Velaquí todos os produtos que precisas para crear un bar-restaurante acolledor para todos os gustos.

Velaquí todos os mobles para cafetaría
Velaquí todos os mobles para cafetaría

Crea atmosferas diferenciadas con varias fontes de luz

Velaquí toda a iluminación
Velaquí toda a iluminación

Prepara as mesas cun estilo atemporal

Velaquí todos os produtos de cociña e a louza
Velaquí todos os produtos de cociña e a louza