Saltar

En venda ou aluguer: un bonito apartamento de estilo moderno e acolledor

Queres que o teu apartamento sorprenda e non lle falten candidatos para entrar a vivir? Axuda aos posibles novos ocupantes a ver todas as posibilidades que ofrece; para acadalo, crea un espazo equilibrado cun estilo neutro, sinxelo, atractivo e acolledor. Bótalle unha ollada a esta pequena vivenda de estilo moderno e acolledor que saca á luz o valor dos mobles multifuncionais e flexibles, así como das solucións para telo todo ordenado sen esforzo.

Un apartamento amplo e minimalista cunha sala comedor diáfana; unhas portas corredizas SKYTTA dan acceso ao dormitorio.
Un apartamento amplo e minimalista cunha sala comedor diáfana; unhas portas corredizas SKYTTA dan acceso ao dormitorio.

O recibidor do teu novo fogar (para un mes, un ano ou toda a vida)

A orde causa unha moi boa primeira impresión, xa que transmite comodidade, atención ao detalle e limpeza.

Equípao ao máximo
Decora o espazo cun zapateiro STÄLL, un tallo, un colgadoiro EKRAR, un espello, iluminación e unha alfombra. Ninguén poderá dubidar da túa profesionalidade.

Establece o estilo e o ambiente do apartamento
O recibidor debe resumir o estilo de toda a vivenda. Neste caso, trátase dun estilo moderno e urbano que combina o branco e o gris claro co negro e a calidez da madeira.

Combina decoración e información
Coloca mapas, información sobre os servizos do edificio ou números de emerxencia nun taboleiro de notas. Aínda que poda parecer algo insignificante, é un detalle que pode marcar a diferencia.

Máis ideas e inspiración para o recibidor
Un recanto dun recibidor coas paredes pintadas de gris, cun zapateiro STÄLL branco con 3 compartimentos xunto a un espello, un tallo e un colgadoiro.
Máis ideas e inspiración para o recibidor

Un baño orixinal, luminoso e doado de limpar

Colle ideas dos hoteis e spas para crear un baño de estilo refinado e apracible. Elixe superficies lisas e amplas que resulten máis doadas de limpar. 

Non escatimes en almacenaxe
Tanto o amplo moble de lavabo con caixóns ÄNGSJÖN en branco como o estante RÅGRUND de bambú van a xogo co estilo do apartamento. O acabado en alto brillo do moble de lavabo vai a xogo cos azulexos, e os andeis abertos achegan calidez, á vez que serven para encher un espazo baleiro.

Establece un límite para os accesorios e artigos de uso persoal
Pon unhas toallas ben dobradas, unhas pequenas plantas e organizadores a xogo. Non coloques cepillos de dentes, máquinas de afeitar, maquillaxe nin outros produtos de hixiene.

Razóns polas que elixir as solucións IKEA para o baño
Un baño luminoso con paredes azulexadas de cor branca, un moble para lavabo ÄNGSJÖN branco de alto brillo con tiradores integrados e, ao lado, uns andeis de bambú.
Razóns polas que elixir as solucións IKEA para o baño

Unha cociña elegante, espazosa e acolledora

As frontes VEDDINGE en branco de deseño moderno desta cociña diáfana achegan vitalidade ao espazo central deste apartamento, combinan facilmente co resto de elementos e constitúen unha base perfecta para dar os toques persoais definitivos. O mesado de bambú ten moito carácter, sobre todo cando está despexado. Nun estante aberto KUNGSFORS e nun carriño poderás colocar os utensilios básicos.

Velaquí todas as cociñas e electrodomésticos
Unha cociña luminosa con azulexos brancos, con dous armarios altos e oito amplos caixóns coas frontes VEDDINGE lisas en branco.
Vista lateral dun mesado HOLMARED a medida de chapa de bambú cuns armarios brancos nunha cociña ampla e luminosa en forma de "L".
Velaquí todas as cociñas e electrodomésticos

Un comedor para atender ás visitas e facer videochamadas

O comedor é o sitio onde as persoas adoitan reunirse, así que debería xirar arredor de tres elementos básicos: fogar, comunidade e harmonía.

Ofrece diversas opcións para sentar
As cadeiras de comedor como LIDÅS, co asento curvado, resultan moi cómodas para comer e pasar o tempo. Ademais, son encastelables. Unha cadeira xiratoria de escritorio con altura regulable virá xenial cando teñas que traballar na casa.

Xoga cos contrastes
Os mobles de comedor con formas redondeadas, como a mesa DOCKSTA ou esta lámpada de teito, contrastan coas liñas rectas de estilo moderno. A combinación de brancos e negros dá lugar a un contraste equilibrado que non desentoa co estilo do apartamento.

Chama a atención cos detalles
Unha vitrina con portas de vidro acanalado é unha solución de almacenaxe moi práctica que deixa entrever o que hai dentro. Unha lámpada de mesa con forma de cogomelo e pantalla de vidro soprado ofrece unha luz tenue e suave para conseguir un ambiente acolledor.

Velaquí todos os mobles de comedor
Un comedor moi luminoso cunhas portas corredizas de vidro, cunha mesa DOCKSTA redonda en branco e catro cadeiras negras lixeiramente curvadas.
Velaquí todos os mobles de comedor

Unha sala de estar tranquila para relaxarse de mil e unha formas

Converte a sala de estar nun lugar tentador e acolledor para relaxarse e ver pasar o tempo.

Delimita o espazo
Unha alfombra STOCKHOLM de grandes dimensións delimitará a sala de estar nun espazo diáfano; ademais, o seu motivo gráfico axudará a realzar o estilo moderno da vivenda. Un irresistible e amolecido sofá cama KIVIK dunha praza acaparará todas as miradas; ademais, poderás usalo como cama individual.

Mobiliario flexible
A lámpada de pé de dobre función ofrece varios ambientes e modos de relaxación. Os mobles lixeiros, como a mesa auxiliar e a cadeira de brazos ULRIKSBERG, poden moverse facilmente dun sitio a outro cando queiras.

Crea un ambiente apracible
Integra a tecnoloxía para que impere a orde; podes facelo, por exemplo, cun moble de TV con organización de cables ou con altofalantes que máis ben parece unha obra de arte. Incorpora referencias á natureza como o ratán tecido á man, a chapa de carballo e a vexetación para crear un oasis onde descansar e relaxarse.

Un sofá cama KIVIK de 1 praza en beixe claro en diagonal sobre unha alfombra de raias brancas e negras; o sofá mira cara a unha tele e ten unha mesa para o portátil ao lado.

Un dormitorio pensado para as persoas e as súas cousas

Á hora de amoblar o dormitorio, tenta facelo primando o benestar e o descanso. Unha cama con roupa limpa e fresca. Unha elegante mesa de noite TONSTAD. Un purificador de aire para respirar aire limpo. Unha estancia perfectamente ordenada, mais con moita luz natural. As portas con espello AULI do armario PAX reflicten a luz e fan que o cuarto pareza máis grande.

Velaquí todos os armarios
Un amplo dormitorio en gris claro cunha mesa de noite TONSTAD de chapa de carballo entre unha cama e unhas portas corredizas SKYTTA que van dende o chan ata o teito.
Unha ventá e unhas cortinas translúcidas reflíctense nas portas corredizas con espello dun armario PAX/AULI pechado que se atopa montado xunto a unha parede.
Velaquí todos os armarios

Consellos para conseguir un fogar ideal de estilo moderno, clientes satisfeitos e un bo retorno do investimento

Aposta polas cores neutras e as texturas
Elixe cores convencionais como o branco ou o branco óso. Combina varios acabados e materiais para que o estilo non se vexa aséptico nin anticuado.

Menos é máis
Non satures o apartamento con mobles nin adornos. Inclúe pequenos artigos premium (iluminación intelixente, mantas, coxíns, etc.) e artigos básicos prácticos e de calidade (pratos, táboas de cortar, toallas etc.).

Presume de capacidade de almacenaxe
As persoas adoitan ter moitas cousas, independentemente de se alugan ou se a vivenda é da súa propiedade. Demostra todo o que cabe no apartamento e deixa que os posibles ocupantes deixen voar a imaxinación e pensen en todas as cousas que poden gardar.

Divide o espazo sempre que sexa posible
Axuda ás persoas a imaxinar para que poden utilizar os diferentes espazos. Divide o espazo en zonas e crea un cuarto dentro doutro coa axuda de cortinas, alfombras e separadores de ambientes como, por exemplo, as portas corredizas SKYTTA que van do chan ao teito.

Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA
Vese parte dun dormitorio a través dunhas portas corredizas SKYTTA abertas que van do chan ao teito e que serven para separar o dormitorio dunha sala de estar de estilo moderno.
Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA

Antes de mercar

Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.