Saltar

Apertura e privacidade

Os mobles hiperflexibles e caseiros zumegan creatividade, unión e éxito. Nun espazo así, a quen non lle gustaría completar as tarefas pendentes?

Unha oficina aberta con varios grupos de mesas e cadeiras en beixe/branco dispostas xuntas para albergar reunións, e plantas no medio.
Unha oficina aberta con varios grupos de mesas e cadeiras en beixe/branco dispostas xuntas para albergar reunións, e plantas no medio.

A sala de reunións está ocupada?

Xunta uns cantos escritorios TROTTEN e crearás unha ampla superficie onde traballar cos compañeiros e expoñer os proxectos máis creativos.

Velaquí o sistema TROTTEN
Varios escritorios TROTTEN en beixe/branco dispostos para crear unha zona de traballo colaborativo, e unha planta alta no medio.
Velaquí o sistema TROTTEN

Quen tivo unha idea tan marabillosa?

Os taboleiros son ferramentas esenciais para debuxar esquemas e poñer as ideas por escrito. Este encerado/taboleiro de notas ten dúas caras, unha para pendurar papeis e fotos e outra para escribir as ideas e reflexións.

Velaquí todos os taboleiros de notas
Dous encerados/taboleiros de notas ELLOVEN con rodas, un ao lado do outro, nunha oficina ampla.
Velaquí todos os taboleiros de notas

Suaviza o ambiente

As zonas que convidan os equipos a relaxarse, ler e falar fan que o espazo de traballo sexa máis produtivo. Podes crealas facilmente con cadeiras cómodas, unha mesa pequena, unha alfombra e unhas cantas plantas.

Velaquí todas as cadeiras
Catro cadeiras FRÖSET de madeira clara, unha mesa de café negra, dúas cuncas e unha planta, todo disposto para crear un espazo onde relaxarse na oficina.
Velaquí todas as cadeiras

Imos falar

Mellora as túas reunións cunha zona onde estar de pé. Canto máis nos movemos, mellor nos sentimos e mellor facemos o noso traballo.

Velaquí o sistema TROTTEN
Tres mesas altas TROTTEN en beixe/branco preto dunha fiestra grande para crear unha sala de reunións de pé.
Velaquí o sistema TROTTEN

Acende a cámara

Ten sempre preparada unha habitación silenciosa para facer teleconferencias ou traballar en tarefas que esixan moita concentración. Con tecidos que absorben o son, unha iluminación tenue e un lugar ergonómico onde sentar, as horas pasan voando.

Velaquí todas as cadeiras de oficina
Escritorio TROTTEN en beixe/branco nun cuarto pequeno cunha porta de cristal, cortinas grosas brancas e unha cadeira negra.
Velaquí todas as cadeiras de oficina