A recepción
Esta é unha zona de recepción acolledora que axudará a que todos os teus clientes se sintan cómodos. Os mobles de cor crema e madeira clara e as cores neutrais crean unha atmosfera tranquila que anima ós clientes a ser produtivos, a conversar ou simplemente a relaxarse antes de traballar.
Dous escritorios en esquina BEKANT xuntos convértense nun gran escritorio de recepción con moito espazo para dúas persoas. Unhas cadeiras HATTEFJÄLL elegantes proporcionan comodidade sen ocupar moito espazo, e a unidade de almacenaxe BEKANT multifuncional con rodas permite ter á man os obxectos máis necesarios para os recepcionistas.
Estas catro cadeiras de brazos LANDSKRONA crean un espazo acolledor para charlar de maneira informal, para ter reunións rápidas ou simplemente para descansar mentres se espera. Proba a usar un estante para cadros MOSSLANDA para exhibir revistas do sector que os visitantes poidan ler para informarse.



