Visita a un fogar: unha oficina na casa que inspira o teu traballo
Tes que traballar, pero non podes centrarte? Unha área de escritorio personalizada e ben ordenada pode inspirarte a iniciar un proxecto e a completalo. Bótalle unha ollada ao espazo de traballo creado por Dagmara para inspirarte con ideas que equilibran a concentración e a diversión.


Expresa a túa creatividade pegando e cravando impresións e fotos nun ecléctico panel que é doado de cambiar se desexas un novo punto de inspiración. Dagmara usou un enreixado de parede vintage de IKEA, mais un marco metálico como MYRHEDEN funciona igual de ben. Usa caixas e organizadores de escritorio de distintos estilos, tamaños e formas para manter os papeis e ferramentas ordenadas á vez que engades interese visual. «Utilizar só unhas poucas cores axudarate a que todo pareza ordenado», comenta Dagmara, a colaboradora de IKEA que nos mostrou como montou o seu despacho. E non esquezas as plantas, axudan a reducir o estrés e a impulsar a creatividade.
“
Converter o meu espazo de traballo nun lugar organizado e agradable onde pasar o tempo fixo que poñerme a traballar cada día fose máis sinxelo e axudoume a afastar as distraccións».”
Dagmara, Łódź
«Traballei como profesora antes de incorporarme a IKEA. Adoitaba traballar moitas horas na casa, sentada no meu escritorio», comenta Dagmara. «Cando rematamos de decorar o dormitorio da miña filla Hania empecei a escribir un blog sobre cuartos para nenos. Agora, a Hania tamén lle gusta utilizar este espazo para facer os deberes».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Polly Wreford
Sigue a Dagmara en Instagram: @roomor_
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Polly Wreford
Sigue a Dagmara en Instagram: @roomor_