Saltar

Visita a un fogar: un escritorio ben aproveitado para os nenos

Facer os deberes será máis livián se os nenos tiveren un espazo de traballo axeitado para eles. Axuda aos nenos a organizar a súa área de estudo, teñan ou non un escritorio propio.

Un monitor enriba dun escritorio con cadernos, carpetas e unha lámpada.
Un monitor enriba dun escritorio con cadernos, carpetas e unha lámpada.
Para ter un espazo de traballo eficaz, hai que empezar polo básico: unha superficie de traballo sólida, unha lámpada de traballo e unha cadeira cómoda de altura regulable, que sexa ergonómica e que poida meterse debaixo do escritorio cando non se estea a usar. É difícil concentrarse cando todo está desordenado, así que anima os nenos a manter organizados os materiais. Se non hai moito espazo para poñer un módulo de almacenaxe, os organizadores e as bandexas para escritorio son moi útiles para que todo estea despexado.

David (9) está escolarizado na casa, polo que comparte o seu espazo de traballo cos seus pais na súa pequena caravana. O escritorio fai ás veces de mesa de comedor, polo que é importante que poida despexarse entre usos de forma doada. «Mamá e papá son os que me aprenden case todo, porén, tamén teño un titor por Internet e podo ver os meus amigos todos na nosa aula virtual», explica David.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Martin Bourne
Fotografía: Benjamin Edwards