Como preparar a túa sala de estar para unha cea con amigos en 5 pasos
Cear con amigos mentres vedes unha película ou xogades a xogos de mesa será moito máis divertido se preparas a sala de estar con todo o necesario para a ocasión. Toma nota!
Ter unha sala de estar para recibir amigos non é tan complicado como parece. Sempre temos a sensación de que é demasiado pequeno, de que falta espazo para sentar ou de que os invitados non han estar totalmente cómodos. E é que a todos nos encanta ser bos anfitrións! Se queres quedar como un señor e estás a buscar ideas para ceas na casa, sigue lendo: verás algúns truquiños que estamos seguros de que che han ser útiles para que todo o mundo se sinta como na súa propia casa.
1. Sofás para recibir convidados na casa
Se es o rei ou raíña da festa e a túa casa é o centro de todas as reunións, quizais che compense conseguir uns sofás FLOTEBBO. Verás que son incriblemente versátiles.
O sofá resulta cómodo tanto para sentar como para recostarse ou tombarse. Ademais, ao estaren soltos, os coxíns do respaldo permiten adaptar a profundidade do asento e a posición do soporte para o lombo. Son sofás bastante lixeiros de peso, así que poden moverse con facilidade dun lado a outro á hora de recibir amigos na casa. E, aínda por riba, convértense en cama!
Cadeiras pregables para visitas inesperadas
Se hai un momento no que as cadeiras pregables teñen o seu momento de gloria, é este. Durante o día a día podémolas ter pregadas, gardadas no rocho ou colgadas tras unha porta, sen que lles deamos a importancia que realmente teñen. Pero cando chega o momento das ceas na casa con amigos, velaí están!
Colócaas arredor da túa mesa de comedor ou unha improvisada, ou arredor do sofá e a televisión, para ver todos xuntos ese partido tan agardado ou algunha peli, por exemplo.
3. Comida temática segundo a ocasión
A clave para recibir amigos na casa é poder ofrecerlles uns pratos ben ricos. Entre todas as ideas para ceas na casa, nós quedamos cos menús temáticos: comida mexicana, xaponesa, chinesa, ou typical Spanish!
Deste xeito, ao ter unha guía xeral dos pratos que vas incluír, será moito máis sinxelo organizalo todo. Moito mellor que sacar as típicas patacas de bolsa e unhas olivas ou poñerte a cociñar pratos que non teñan que ver uns cos outros, non si?
Podes escoller unha ou outra temática dependendo de diferentes factores: xoga un partido de baloncesto o teu equipo favorito e veñen os teus amigos a velo á túa casa? Que non falten os bocadillos de salchicha e as hamburguesas! Un amigo marcha vivir ao estranxeiro? Un menú con sabor 100 % español con eses pratos que máis adiante botará de menos. É dicir, trátase de escolleres a temática máis precisa para o tipo de plan que vaias facer ou o motivo polo que vos reunides.
4. Carriños de cociña que se converten en barra
Se hai unha idea para ceas con amigos na casa que nos parece xenial pola comodidade que lles dá aos invitados (e a ti mesmo) é a dos carriños auxiliares para levar as bebidas á sala de estar.
Desde unha barra para facer mojitos con todo o necesario, ata un arrefriador de refrescos ou cervexas. Podes poñer na parte superior as bebidas (adoitan ser máis grandes) nunha bandexa con xeos para que se manteñan frescas, mentres que nos caixóns inferiores colocas os vasos, panos de mesa ou uns cuncos con petiscos para achegar á mesa ou sofá.
Así cadaquén poderá servirse cando lle apeteza mentres vedes o partido, a película ou o que sexa, sen ter que molestarte para nada. Barra libre!
A hora de marchar… ou non Sofás cama que che solucionan a noite
Cando a cea con amigos na casa remata, é hora de marchar para casa. Pero, e se tes un sofá cama que se abre tan facilmente coma este?
Estamos seguros de que algún dos teus amigos vive algo máis lonxe có resto, así que é o momento perfecto para ofrecerlle un sitiño no teu fogar despois dun bo momento. Seguro que cho agradece moitísimo. O sofá cama HOLMSUND ábrese nun chiscar de ollos e é incriblemente cómodo.
Cres que a túa sala de estar é pequena para este tipo de plans? Non te preocupes, se a organizas ben, terás sitio para todo. Deixámosche un vídeo con varias ideas para que o consigas nun intre.

E se precisas máis ideas para os teus plans na casa con amigos, bota unha ollada a estes artigos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.