Un pequeno estudio para durmir e socializar
Libera espazo no teu cuarto cunha almacenaxe intelixente e mobles multiúsos.


Cómpreche unha cama individual, dobre e un sofá versátil que non ocupen demasiado espazo? Presentámosche a cama que cumpre todos estes requisitos! Ademais, móntase e desmóntase doadamente. Amorea as estruturas e coloca unha colcha enriba para ter un diván durante a semana. Tes compañía para cear? Separa as camas e crea un espazoso sofá de recanto. Se os teus convidados quedan ata as tantas, non tes máis que xuntar as camas e abrochar as tiras para crear unha cama dobre que non se separe.
Utiliza o espazo que hai diante dunha fiestra para colgares roupa dunha barra de cortina fixada ao teito. Dálle sensación de amplitude ao cuarto cun estante aberto (este ten colgadoiros no lateral para ter ao alcance as cousas que máis uses). Garda a roupa de cama e as toallas en caixas con tapa. Coloca as pezas básicas nunha cómoda, mais asegúrate de fixala á parede. Personalízaa con pintura (nós empregamos dous tons de rosa que contrastan coa madeira natural).
Maximiza o espazo cun sistema de almacenaxe multiúsos. Usa unha mesa auxiliar como mesa de noite: aproveita o espazo inferior para gardar a almofada polo día e a colcha pola noite. Crea un cómodo respaldo de sofá: cose dúas tiras ás fundas dos coxíns e cólgaos con ganchos. Logo quítaos para converter o sofá cama nun espazo para durmir. Garda todo o que che fai falta para a noite, como cargadores e libros, dentro dunha cesta colgada dun gancho.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Martin Inger
Texto: Anna Blom
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Martin Inger
Texto: Anna Blom