Saltar

Ideas para montar unha festa temática sobre fútbol

Queres montar unha festa para un apaixonado o unha apaixonada do fútbol? Dámosche varias ideas para preparares a túa casa para a ocasión e organizar un plan moi especial para familiares e amizades. Seguro que os sorprendes 

Para empezar, é moi importante a data da festa. Se é posible, elixe unha data na que haxa partido de fútbol do equipo que apoia a persoa á que está dedicada a festapara que sexa moito máis emocionante. De feito, se se trata dunha festa sorpresa, a coartada perfecta é que quedastes para ver un partido.  

O que nun principio parece un plan moi sinxelo, converterase nun superplan inesquecible. Se normalmente o pasades xenial, isto será doutro nivel, sobre todo para os máis pequenos, que apreciarán moito máis todos os detalles. O obxectivo é simular coa decoración que estades vendo o partido nun estadio de fútbolComecemos!  

Monta os chanzos e o campo de fútbol

 

Crear unha especie de estadio en calquera estancia da casa non é tan difícil se lle botas un pouquiño de imaxinación.  

Que necesitas?  

  • Cadeiras e tallos de diferentes alturas 
  • Un anaco de céspede artificial
  • Cinta adhesiva para a portería 
  • Un balón de fútbol 

Cando teñas todo isto, o primeiro paso será elixir a estancia da casa na que vas colocalo e despexala. Pode ser a sala de estar ou calquera outra sala na que teñas espazo abondo. Cando te decidas, só terás que colocar os elementos. Para conseguir o efecto dos chanzos, é importante colocares os asentos por alturas: tallos altos ao fondo, cadeiras despois e tallos para nenos abaixo de todo.  

Despois, simula a portería con cinta adhesiva sobre a parede. Terás que elixila dunha cor que destaque ou ben poñer algo de fondo na parede. Se dispós dunha rede ou dunha portería pequena para nenos, non dubides en utilizala. Por último, coloca o balón de fútbol no medio do céspede artificial e feito! 

Personaliza o ambiente con todo tipo de detalles futbolísticos 

 

Nas festas temáticas os detalles cobran vital importancia. Agora que xa tes o campo de fútbol montado, chega o momento de prestar atención ao resto de elementos decorativosPara empezar, podes colocar bandeiras, bufandas ou calquera outro elemento co escudo do equipo da persoa á que lle estás preparando a festa. Mesmo podes colocar algún tarro de vidro con lambetadas das cores dos equipos que vaian xogar.

Tamén, outros detalles típicos das competicións deportivas, como medallas ou trofeos. Seguro que tes máis dun pola casa que encaixe á perfección.  

Outra idea é poñer un encerado e debuxar nel un campo con estratexias de xogadas, como se estivésedes no vestiario do equipo. E se tes fotos do protagonista da festa xogando ao fútbol, non dubides en poñelas pola parede para a estancia estar aínda máis personalizada.  

Prepara aperitivos propios dun estadio  

 

A comida e a bebida son dous elementos que non poden faltar nunha boa festaNesta ocasión, trátase de somerxer nun recinto deportivo todos os convidados a través dos aperitivos que prepares.  

Así que, que mellor ca uns bocadillos de salchicha? Son moi fáciles de preparar e poderás poñer nunha mesa diferentes salsas (mostaza, kétchup…) e toppings (cebola frita crocante, cogombriños…) para os teus convidados os personalizaren ao seu gusto. Tampouco poden faltar os flocos de millo, as patacas fritidas e algún que outro doce para os máis larpeiros 

Para que sintan que están tomándoa nos chanzos, coloca a comida de cadaquén en bandexas con compartimentos como a da foto e engade bandeirolas, panos de mesa, vasos e botellas da cor do equipo de fútbol.  

Apuntaches todo? Non o dubides, esta festa é perfecta tanto para peques como maiores que sexan amantes deste deporte. Así que ponte mans á obra e consigue que a celebración sexa inesquecible. Por se queres máis ideas para outras ocasións especiais, velaquí tes un par de artigos que poden ser do teu interese.  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.