Un dormitorio infantil para fomentar a creatividade
O dormitorio dos teus fillos é un dos lugares máis importantes da casa. E os mobles e decoración elixidos poden axudarlles a fomentar a súa creatividade de distintas formas!


Os nenos precisan un lugar no que deixar voar a súa imaxinación, xogar, pintar, ler, crear. En definitiva: ser nenos. Por iso é tan importante que o seu cuarto, por pequeno que sexa, logre ter un oco para que poidan realizar estas e outras moitas actividades. Queremos que vexas connosco como decorar un dormitorio infantil para fomentar a creatividade con este marabilloso exemplo en concreto. Un consello: mira este cuarto co teu peque e elixide entre os dous as cousas que máis vos gusten ou as que máis vaian coa súa personalidade. Esperamos que saquedes moitas e moi boas ideas!
O xogo creativo axuda a un mellor desenvolvemento
O xogo creativo permítelles aos nenos sacar todo o seu potencial e imaxinación nun mundo máis aló das regras e as obrigas. Por iso unha boa idea é converter o espazo da parede arredor do seu escritorio nunha especie de "paisaxe" con vistas estimulantes e inspiradoras para que o teu pequeno artista poida amosar as súas pinturas e obras en progreso. Compra uns cantos marcos para láminas e escollede os seus debuxos favoritos para enmarcar. Amosalos fará que se sinta tremendamente orgulloso e fomentará que o siga facendo. Motivarao moitísimo!
Un escritorio flexible que crece xunto ao teu fillo. Ademais, pódenselle dar diferentes usos: utilizalo como espazo de xogo, creatividade e estudo”
Ellen Vidstige, deseñadora de interiores
Cousas imprescindibles no cuarto dun neno para fomentar a súa creatividade
No cuarto dun neno ten cabida practicamente de todo, en especial os seus miles de xoguetes. Pero se queres que o teu fillo se desenvolva dun xeito creativo e libre, non dubides en incorporar estes elementos ao seu dormitorio:
Libraría: é fundamental que os nenos conten desde pequenos con libros adaptados á súa idade que lles axuden a amosar interese por esta afección.
Escritorio: non importa se os nenos van xa ou non á escola. O importante é que teñan un espazo no que debuxar, ler, sentar a xogar... O escritorio é fundamental en calquera dormitorio infantil, aínda que sexa pequeniño.
Mesa de debuxo e moitíííííísimas cores: se tes espazo suficiente, unha mesa de debuxo con cores de toda clase e condición axudaralles a explotar a súa vea máis artística.
Encerado: xa for unha parede con pintura de encerado ou un colgado, isto axudará a que debuxen e practiquen unha e outra vez sen manchar as paredes.
Debuxos ou cadros que lles gusten e outros pintados por eles mesmos: igual que a todos nos gusta ter a casa decorada dun xeito en concreto, eles tamén poden decidir que tipo de cousas queren ver nas súas paredes.
Xoguetes que axuden á súa creatividade: en IKEA atoparás multitude de xoguetes que lles axudarán a desenvolver o seu intelecto, razoamento e creatividade.
Un aparello de música: a que neno non lle gusta a música? Pon un aparello sinxelo para escoitar música no seu cuarto se lles apetece.
A orde tamén axuda á creatividade e a unha mellor concentración
Non che pasa que cando estás no teu traballo e todo arredor é auténtico caos, a túa cabeza acaba por selo igualmente? Pois aos nenos pásalles exactamente o mesmo: por iso é importantísimo ofrecerlles diferentes solucións de orde e almacenaxe para nenos para que teñan á man todo o que lles fai falla para xogar ou pintar. De igual xeito, saberán onde colocar as cousas cando acaben de utilizalas.
Os contedores de almacenamento profundos como TROFAST son excelentes para manter os materiais de arte organizados: rotuladores, caixas de cores, xices, cadernos de debuxo grandes… todo o necesario para que flúa a creatividade!
Neste caso elixiuse unha combinación de almacenaxe aberta e pechada para este cuarto, pero tamén estantes e superficies para colocar decoración e outros materiais máis pequenos.
Utilicei a liteira como divisor para facer un recuncho creativo. Se o cuarto non se comparte, a liteira inferior convértese nun lugar acolledor cando se engaden coxíns e transfórmase nun sofá”
Ellen Vidstige, deseñadora de interiores
En definitiva: creade xuntos un espazo no que aproveitar e gozar cada recuncho
Non se trata de crear unha ludoteca dentro do cuarto do teu fillo: trátase de instalar mobles, xoguetes e accesorios que axuden a que o tempo que pase alí sexa divertido, entretido e produtivo.
Os especialistas aseguran que fomentar a creatividade nos nenos e deixarlles expresarse a través de diferentes formas, consegue que sexan máis seguros de si mesmos, aumentar a súa autoestima e socialización.
Por iso é importante:
- Xogar con eles
- Deixar que se equivoquen ou que manchen!
- Deixar que se expresen libremente: que che digan que lles gusta e que non.
- Axudarlles a descubrir que lles gusta facer
- Fomentar a súa curiosidade
- Animalos a ler cada día: se che ven facelo a ti, imitarante.
Recomendámosche: Un cuarto infantil pensado para medrar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.