Todas as medidas de colchóns están en IKEA
Sexan cales sexan as medidas de colchóns que coñezas, busques ou queiras mercar, están en IKEA.Temos todos os colchóns: dende os de medidas españolas (90x190, 105x190, 135x190 e 150x190) ata os de medidas típicas no resto de Europa (80x200, 90x200, 140x200, 160x200 e 180x200).
Noutras palabras, contamos con todas as medidas para colchóns individuais, dobres e de berce e con todos os materiais que poidas imaxinar, así como con colchóns viscoelásticos e de resortes, entre outros. Así, poderás imaxinar que a nosa gama de colchóns é amplísima, tanto en medidas como en materiais.Sen deixar de lado que son colchóns de calidade, algúns con 10 anos de garantía e coa opción de devolución durante 365 días se non che convencen.
Medidas de colchóns para dar e regalar
1.Colchóns individuais
Descubre todas as medidas de colchóns individuais, o espazo ideal para durmir sen compañía.
2.Colchóns dobres
Buscas algo máis grande ou dormes en parella?Pois estes colchóns son perfectos para ti.
3.Colchóns grandes
Os colchóns dobres non son suficientes para ti? Gústache a amplitude á hora de durmir? Aposta por medidas grandes.
4.Colchóns de berce
A mellor solución para os máis pequenos da casa, libre de produtos químicos. Durmirán como anxiños.
1.Colchóns individuais
Buscas un colchón para durmir sen compañía? Pois aquí tes as medidas de colchóns individuais!Se vas durmir a soas, podes elixir entre colchóns de 90x190 ou 90x200:
1.1 Colchón de 80x200
O colchón VÅGSTRANDA consta de dúas capas de resortes embolsados e doutra superior de escuma, que proporcionan un soporte extrafirme e cómodo.É unha elección ideal se só vai durmir nel unha persoa.
1.2 Colchón de 90x190
ÅBYGDA é un dos nosos colchóns de escuma que proporcionan un bo soporte ao corpo e alivian a presión nos ombros e na cadeira.O colchón está enrolado para que poidas levalo con maior facilidade á casa.
1.3 Colchón de 90x200
O colchón VESTERÖY, de 90x200 cm, adáptase perfectamente ao teu corpo.Completa o teu descanso cun dos nosos somieres de láminas ou bases para camas... e a durmir!
1.4 Colchón de 105x190
ÅKREHAMN é un dos colchóns con medidas españolas que temos en IKEA.Ao ser de escuma viscoelástica, adáptase perfectamente ao teu corpo para que sintas un confort extra.
Estes colchóns son de calidade, como todos os de IKEA, e só 72 horas despois de desenrolalos en calquera dos nosos somieres recuperan o seu tamaño orixinal.
2.Colchóns dobres
Se prefires algo máis grande ou dormes en parella, aquí tes as medidas de colchóns dobres!
1.3 Colchón 150x190
Outro dos colchóns IKEA cun modelo de medidas españolas, entre moitas outras, é o ÅNNELAND. Ademais, a súa escuma viscoelástica dá suxeición ao corpo onde menos pesa e, así, alivia a presión onde máis o fai.
Por certo, elixiches xa as almofadas?O descanso depende tanto do colchón como das almofadas que teñas, así que non esquezas elixir as que máis se axeiten ás túas preferencias e necesidades. Non sabes como?Neste vídeo tes algúns consellos.
3. Colchóns grandes
Se para ti a amplitude e o espazo á hora de durmir son os aspectos máis importantes, estes son os teus colchóns ideais:
3.1 Colchón 160x200
O colchón viscoelástico ÅBYGDA, de 160x200, é ideal para durmir como unha raíña ou un rei durante toda a noite e parte da mañá.A viscoelástica axudarache a relaxarte por completo ao aliviar as presións e mellorar a circulación sanguínea e a relaxación muscular.
3.2 Colchón 180x200
O colchón VÅGSTRANDA, de 180x200, é tan grande que poderás perderte nel.Ten unha magnífica combinación de resortes ensacados individualmente que se adaptan a cada movemento que fagas. Ah! E conta con dous tipos de firmeza distintos.
4.Colchóns de berce
Os nosos colchóns de berce teñen unhas medidas de 60x120 e están feitos con materiais seguros e sostibles.Por exemplo, os colchóns PELLEPLUTT o SKÖNAST .Ademais, para quedar tranquilo, debes saber que non conteñen produtos químicos perigosos e que cumpren os estritos requisitos de seguridade.
Ah!E non esquezas completar o teu colchón cunhas fundas de colchón. Deste xeito, conservarase máis fresco e limpo durante máis tempo.
Para rematar, aquí tes un vídeo que che axudará a escoller o colchón máis idóneo para a túa cama:
Que che pareceu?Podes seguir a anotar consellos para durmir estupendamente con estes artigos. Non os perdas!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén!Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.