Saltar

A familia creativa

En Colonia, Alemaña, Anna e maila súa familia senten unha paixón irrefreable pola creatividade. Anna, interiorista, e o seu marido senten a mesma predilección pola arte, un amor que contaxiaron aos seus dous fillos.

Anna e a súa familia na súa casa, apoiados en escritorios de traballo con diferentes solucións de almacenaxe ao seu redor.

A familia enteira adora facer todo tipo de actividades creativas, dende pintar ata facer traballos manuais. "Sempre que ensuciamos as mans, pasámolo xenial", di Anna cun enorme sorriso. Pero con tantos materiais e ferramentas, a organización supón todo un reto.

A filla de Anna rebusca nunha caixa a modo de andel.

A organización é clave para a creatividade

Por iso, Anna e maila súa familia apostaron polas innovadoras solucións de almacenaxe IKEA. As caixas de reixa TROFAST son as súas favoritas, xa que lles permiten ver o que hai no interior e ensinar aos máis pequenos a arte da organización.

As caixas e estantes TROFAST en diferentes cores son outra enxeñosa combinación. O espazo enriba da división é perfecto para gardar rolos de papel, mentres que na caixa se poden meter obxectos máis grandes, como máscaras de papel. E coas guías de cociña HULTARP, Anna e a súa familia poden facer unha bonita exposición das súas obras de arte rematadas con clips de cortina e ganchos SYRLIG.

A flexibilidade é clave no fogar de Anna. Por iso, non podía faltar un escritorio de traballo con rodas LINNMON/KRILLE. A familia pode movelo dun lugar a outro dependendo das súas necesidades, estean traballando en equipo ou a soas. E para os pequenos artistas da familia, o portarrolos de papel MÅLA con espazo de almacenaxe é un soño feito realidade, posto que lles permite gardar o papel de debuxo, os bolígrafos e as ceras nun mesmo lugar.

Grazas ás innovadoras solucións de almacenaxe IKEA, Anna e a súa familia poden centrarse no que máis lles gusta: deixar voar a imaxinación e crear recordos para toda a vida.