Saltar

6 razóns polas que elixir electrodomésticos sostibles para a túa cociña

"Os electrodomésticos deixaron de ser puramente funcionais. De xeito sutil, ás veces imperceptible, melloran a vida cotiá na cociña e convertéronse nun factor clave á hora de deseñar a nosa", explica Anders Grafström, membro do equipo de cociñas e comedores de IKEA. Descubre as razóns para elixir electrodomésticos sostibles para a cociña! 

1. Permiten crear un espazo de cociña máis práctico e eficaz

 

"Cada vez máis persoas planifican a situación dos electrodomésticos nada máis empezar a deseñar a súa cociña", di Anders. "Os electrodomésticos IKEA están deseñados para adaptarse perfectamente ás nosas cociñas, tanto en estilo coma en tamaño. Se os combinas, poderás crear o espazo dos teus soños. Se cociñas con alguén, serache máis doado se tes o forno e os fogóns en lugares separados. Encántache preparar banquetes? Proba a empregar un forno dobre». 

É dicir, os electrodomésticos modernos adáptanse ás necesidades dos membros de cada fogar e tornan o espazo moito máis compatible co seu estilo de vida. Por iso, á hora de elixir os da túa cociña, é importante optares por modelos cuxa tecnoloxía che facilite as tarefas e che ofreza a posibilidade de ter a cociña ideal, tendo en conta o uso que adoitas facer dela a diario.   

Alén diso, en IKEA apostamos pola alta eficiencia enerxética, grazas a que os electrodomésticos modernos son máis sostibles para os fogares e o planeta.  

2. Melloran a acústica da túa cociña 

 

Fala con alguén, escoita música ou simplemente garda silencio mentres cociñas. Sexa cal for a túa preferencia, unha das vantaxes dos electrodomésticos modernos é que cada vez son máis silenciosos e non estragan o son ambiental da cociña, para un maior benestar. Varios estudos demostran que os ruídos fortes de fondo dificultan a concentración, o que pode causar fatiga e malestar.  

A cociña é un lugar no que gozar a diario, en soidade ou en familia, mentres preparamos e degustamos os nosos pratos favoritos. Así que, se estás a buscar electrodomésticos novos para a cociña, non dubides en consultar este tipo de detalles para que o ruído non sexa un impedimento para estar a gusto. En IKEA os niveis de decibelios aparecen na información do produto, para que poidas comparar electrodomésticos e elixir o que mellor se adapte ao que queres. 

3. Manteñen o aire limpo e agradable 

 

Como ocorre co ruído, que na cociña haxa bo olor é clave para que resulte agradable estar nelaGrazas aos avances nos electrodomésticos, isto é cada vez máis sinxelo.  

Os extractores e os ventiladores son excelentes para eliminar eses aromas de cociña non desexados, como os que producen algúns alimentos ou os seus refugallos. Pero non quererás que saquen o aire que xa quentaches, arrefriaches ou purificaches no proceso.

Segundo Stephen Lea, enxeñeiro de desenvolvemento de produtos de IKEA, os deseños "eficientes na captura de impurezas para reducir o ruído e o consumo de enerxía" poden ser mellores que os máis potentes. Ademais, esa eficiencia a nivel enerxético convérteos en electrodomésticos moito máis sostibles, tanto para o peto coma para o medio ambiente.

4. Fornecen unha iluminación máis cálida

 

"A iluminación integrada dos electrodomésticos é importante para crear harmonía na cociña", di a decoradora de IKEA Ann-Kristin Holmqvist. No canto de buscar unha luz meramente funcional para cociñar, pensa en aspectos máis sociais. Busca alternativas máis cálidas e acolledoras que se mesturen co resto da cociña.  

Algúns electrodomésticos teñen mesmo reguladores de luz para cambiar o ambiente da cociña. Aínda que non é habitual prestar atención a este tipo de detalles, o certo é que poden marcar a diferenza e facer que, a longo prazo, gocemos moito máis do tempo que pasemos na cociña.  

5. Intégranse co estilo da cociña

 

A aparencia dos teus electrodomésticos non debería ser algo que decidir no último momento. Non é necesario que todo sexa igual. "Hoxe en día esperamos máis dos nosos electrodomésticos, como que estean totalmente integrados na cociña ou que sexan superestrelas no que respecta á estética", comenta Bruno Lizotte, xefe creativo do departamento de electrodomésticos de IKEA.  

Coa gama de deseños e cores tan rechamantes que hai dispoñibles, por que non facer a túa propia declaración de estilo? Non só se adaptan ás características estéticas da estancia, senón que poden chegar a ser pezas clave para a decoración e o ambiente da mesma. A gran variedade existente permitirache crear a cociña dos teus soños 

6. O seu uso é moito máis intuitivo

 

Cando se trata de dispositivos de cociña, os detalles poden marcar a diferenza, como o tacto dun mangoun pomo ou un botón. «Deseñamos os nosos electrodomésticos para que sexan agradables de utilizar», indica Bruno. 

Todo isto tradúcese en que realizar as tarefas sexa máis sinxelo e agradable, o que ten un impacto moi positivo na vida diaria. Sobre todo, para aquelas persoas que non teñan moito tempo e queiran que as actividades do fogar sexan o máis levadías posible.  

A que agardas para apostar por este tipo de electrodomésticos? Mentres o pensas, deixámosche un vídeo co que aprenderás como utilizalos para aforrar enerxía na casa 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.